Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tucións: Concello de Santiago, 1976 (sobre 216 topónimos do termo municipal), Real Academia Galega (1977), Concello de Ponteceso (1978), Comisión de Toponimia (1980)... Sobre a dualidade Galicia / Galiza pronúnciase na Gran Enciclopedia Gallega(1975) nunhas páxinas que constitúen, aínda para hoxe, unha esclarecedora síntese da cuestión. Entre outras cousas, aclara que Galicia non é forma castelá. Entre as devocións literarias de Isidoro Millán están Ramón Cabanillas ?tan vencellado a el? e Álvaro Cunqueiro, obxecto, un e outro, en varias ocasións, de páxinas entusiastas e de conferencias afervoadas. Habería que subliñar, sobre o segundo, Lembranza e comento de Álvaro Cunqueiro (Santiago de Compostela, Fundación Alfredo Brañas, 1994). 2.3. ISIDORO MILLÁN NA ACADEMIA GALEGA Foi elixido membro numerario da institución o 17 de decembro de 1967, pero non realizou o acto de ingreso ata o 17 de maio de 1975. Tal como dixemos, o seu discurso preceptivo versou sobre a vida e a obra de Xoán Manuel Pintos. Contestoulle ?tal como dixemos, tamén? un experto e entusiasta no tema: Xosé María Álvarez Blázquez. Fora proposto, para académico de número, por dous pontevedreses (Filgueira Valverde e Iglesias Vilarelle) e un coruñés (Bugallal Marchesi). Se nos atemos á información do Currículo, é autor de dous informes sobre cuestións lingüísticas para a Academia: un sobre termos bancarios (2811977) e outro sobre as formas onomásticas Luís / Lois (10111977). No seu Expediente non obra ningún destes traballos nin tampouco o seu discurso de ingreso aínda que, si, a resposta de Álvarez Blázquez. É moi probable que os citados informes se garden noutras seccións do Arquivo académico. Isidoro Millán, que tanto tempo tardou en ingresar na Academia (de 1967 a 1975), permaneceu no seo da institución un curto período, menos de catro anos. En carta ó Presidente, Domingo GarcíaSabell, datada o 12 de xuño de 1978, ?renuncia á condición de académico?, renuncia que foi aceptada, nove meses despois, o 17 de marzo de 1979. Da longa e matizadísima carta de renuncia, procede, hic et nunc, reproducir dous parágrafos:
a) Fun nomeado Académico escontra do meu desexo e da reiterada oposición, inda que sempre cortés, que lle manifestei aos meus propoñentes... b) Desque me decidín a ingresar ?o 17 de maio de 1975?, e xa denantes, tiven mentes da necesidade perentoria e absoluta da reforma dos Estatutos ou, por mellor decir, dunha nova configuración de toda a Academia, dende os pes ao curuto, pra que fose dunha vez o que xamais ela foi, nin no intre mesmo da fundación: un corpo escolleito do melloriño da Cultura galega e, a un tempo e a unha man, un verdadeiro fogar de traballo organizado humanístico e científico naquel ámbito e, derradeiramente, centro e cúpula amparadora da galeguización transcendente e paulatina, comprometida coa Fala, do estamento intelectual superior da nosa Terra, en Ciencias e Letras. Impulsar, na medida das miñas forzas, este trocamento da nosa anquilosada Institución, foi a arela íntima que me levou a entrar na Academia.
231
Nº 364