BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
2.2. SARMIENTO, PINTOS, TOPONIMIA, OUTROS ESCRITORES Nunha revista tan pouco erudita como Vida Gallega (Lugo) publica en maio de 1962 ?Aforismos y donaires de un gran gallego?, o seu primeiro traballo sobre o P. Sarmiento, no que exhuma un texto inédito. En 1969 exhumará outro inédito interesante, ?Castellanos de Castilla? (Grial, 26). Desde había anos preparaba para a editorial Galaxia a edición dun libro moi amado por el, o Onomástico etimológico de la lengua gallega, consciente de que a feita por Lago González, como folletón de La Integridad (Tui, 1920), era defectuosa. Non chegou a publicarse. No ano 1972, bicentenario da morte do gran polígrafo, Millán pronuncia unha conferencia no Museo de Pontevedra (inédita) e publica un curioso artigo titulado ?Objetos ad usum del P. Sarmiento en 1772, año de su muerte? (Cuadernos de Estudios Gallegos, 8183). Dun xeito ou doutro, Sarmiento está presente nos traballos que Millán dedicou á vida e á obra de Xoán Manuel Pintos, outro pontevedrés ?obsesionado? polo estudio e a dignificación da lingua galega, e, no seu tempo (18111876), o gran reivindicador e editor da obra lingüística do ilustre benedictino. Isidoro Millán ingresou na Real Academia Galega co discurso, aínda inédito, Vida e obra de don Xoán Manuel Pintos, precursor das Letras Galegas (1751975), oración académica á que contestou Xosé María Álvarez Blázquez nun discurso (tamén inédito) que finaliza con este recoñecemento ó novo académico numerario:
Eu propúxenme, na medida das miñas cativas forzas, loitar contra a grave inxusticia histórica da preterición de Pintos Villar [...] Voz tan esquencida como a súa somentes podía ter a seu carón voz tan feble coma a miña. Pero seguín matinando na obriga de rescatalo até que un día descobrín con ledicia que Isidoro Millán GonzálezPardo pensaba o mesmo ca min. Xa non se trataba dun simpre aliado senón dun capitán da empresa.
No ano en que Isidoro Millán ingresa na Academia, o 1975, esta institución designara como persoeiro do Día das Letras Galegas a Pintos, e foi o noso estudioso quen preparou a edición dunha antoloxía do persoeiro co título Retallos de poesía e prosa, que consta de catro seccións moi representativas do labor literario de Pintos: ?Da Fala?, ?Da Terra?, ?Do home? e ?Da Boa Vila?. É mágoa que Millán non volvese sobre Pintos, nin como estudioso nin como editor, pois cónstanos que posuía textos e noticias de notable interese. A Academia, en sesión plenaria celebrada o 26 de abril do 2003, consciente da importancia dese fondo textual e erudito, manifestou o desexo de incorporar ós seus arquivos ese material co obxecto, no seu día, de publicalo axeitadamente. Capítulo especialmente importante é o constituído polos traballos de Onomástica galega (especialmente os de Toponimia), merecentes, agora máis que nunca, de seren recolleitos nun volume. Neles pronúnciase, ás veces, sobre cuestións nas que outros especialistas non sempre saíran airosos: Cobo (1962), Eusenda (1973), Ombre (1978), Mugardos (1991)... Ese volume tería que acollelos informes solicitados por varias instiNº 364 230