Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
2. ISIDORO MILLÁN NAS LETRAS GALEGAS 2.1. A ESTREA DA MAN DE CABANILLAS Cando ninguén, entre os novos, se interesaba pola Lingüística galega, Isidoro Millán sorprende e asombra, a novos e vellos, cun eruditísimo traballo de cincuenta páxinas que titulou ?Comentos filolóxicos a algunhas verbas empregadas na Antífona da cantiga?. Figura, como apéndice, no volume así titulado, que é, como se sabe, unha antoloxía do cantigueiro popular galego, antoloxía da que é responsable ?e do fermosísimo e extenso prólogo? don Ramón Cabanillas, moi amigo de Isidoro Millán. Trátase do primeiro libro da editorial Galaxia (Vigo): 16 de abril de 1951, reza o colofón. Foi impreso o volume en Madrid, non en Vigo, pois, en principio, quen ía editar ?e pagar? este volume era Álvaro Gil, daquela residente, como Cabanillas, na capital de España. Xa impreso o libro ?na Imprenta Sáez, calle del Buen Suceso, 14? fúndase Galaxia, momento no que Álvaro Gil concede a honra da edición á editorial viguesa, que, deste xeito, aforra diñeiro e inaugúrase cun autor que é, en vida, un clásico. Non estraña que Cabanillas lle dedique esas páxinas ?A Álvaro Gil Varela, que suxereu e dou pulo a este traballo, con vivo e fondo sentimento de irmandade?. Foi Cabanillas quen lle encomendou a Isidoro Millán a tarefa de ?bucear? nas orixes de ?cento e pico de verbas empregadas na Antífona da cantiga? (p. 173), e así o fixo o novo filólogo nun estudio que é un diccionario etimolóxico e o primeiro vocabulario monolingüe (galegogalego) da nosa lexicografía. Encabézao o autor cunha cita, moi axeitada, do Onomástico do Padre Sarmiento, linguista sobre o que, anos despois, publicará algúns artigos. No Currículo citado o autor non consigna o que, segundo os meus datos, sería o seu segundo traballo no eido da Lingüística galega: ?A língoa galega e a Filoloxía?, publicado na revista Galicia (do Centro Galego de Buenos Aires) o 25 de xullo de 1952. Trátase dun número especial centrado no estudio do idioma galego no que colaboran, con Isidoro Millán, Manuel Rodrigues Lapa, Ricardo Carballo Calero e Ramón Piñeiro. No seu artigo, Millán láiase da penuria de investigacións sobre o galego, pese ó ilustre precedente do Padre Sarmiento, tan gabado, había pouco, polo gran romanista romanés Sever Pop, para quen o noso gran polígrafo do XVIII é ?o primeiro dialectólogo sensu stricto que houbo no mundo?.. O terceiro traballo de Millán ?este, si, consignado no Currículo? sería ?Lexicografía y etimología gallegas. Gall. 'inar', jadear?, publicado no volume Homaxe a Ramón Otero Pedrayo (Vigo, Galaxia). Xa estamos no ano 1958. Cónstame, sen embargo, que hai traballos que, considerados menores polo seu autor, non os consigna no Currículo, entre eles o artigo ?Novoneyra do Caurel? (La Noche, 1631957). Trátase dunha sutil lectura de Os eidos con apreciacións moi valiosas sobre o valor poético dos topónimos. (Así vive na miña lembranza case cincuenta anos despois).
229 Nº 364