BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
1968, ano no que, por concurso de méritos, se traslada ó Instituto Rosalía de Castro (Santiago), onde se xubilará en 1987. O 19 de marzo de 1961 casa con Rosina Otero Abalo, licenciada en Filoloxía xermánica (hoxe catedrática de Inglés no citado Instituto Rosalía de Castro). Nos anos composteláns foi profesor, con encargo de cátedra, na Universidade, de Lingüística indoeuropea, de 1971 a 1974, e no curso seguinte, profesor de Historia da lingua grega e Micenoloxía. Aquí finaliza o seu maxisterio universitario dentro das aulas, feito que moitos especialistas lamentaron no seu día. Desde esta data verteu todo o seu entusiasmo docente nas aulas do Instituto. Nun estudioso da valía de Isidoro Millán non se explica ben por que non fixo a súa tese de doutoramento, el, que en 1954 recibía a máxima cualificación pola súa tese de licenciatura, titulada Investigaciones sobre la lengua de Aristófanes. Sei, pola súa viúva, que iniciara a tese de doutoramento, baixo a dirección do profesor Rodríguez Adrados, sobre o teólogo e polígrafo Teodoro Metoquita (séc. XIIIXIV) Desde 1953, en que viaxa a Alemaña, visitará varios países europeos, sempre para relacionarse con expertos das súas especialidades filolóxicas: Italia (1971), Inglaterra e Irlanda (1972), Grecia (1978)... Na relación, non pequena, de cargos e honores vinculados coa súa profesión e coas súas investigacións, cómpre subliñar: presidente nacional da Asociación de catedráticos de Instituto (19651966); vicepresidente do Ateneo de Pontevedra (19661969); membro do Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos (1972), no que foi, ademais de bibliotecario, xefe da sección de Lingua e Literatura (19781983); membro correspondente da Real Academia de la Historia (1731982)... Neste ano (o 13 de novembro) foi nomeado subdirector xeral de Ensino da Lingua Galega na Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Foi o primeiro nesa función. Isidoro Millán faleceu en Santiago de Compostela o 15 de decembro do ano 2002 2. 1.2. DO SEU POLIFACÉTICO LABOR FILOLÓXICO Xa mencionada a Memoria de licenciatura, cómpre citar, no eido das Letras clásicas, ?Tabletas micénicas de contenido religioso? (Actas I Congreso Estudios Clásicos, Madrid, 1958) e ?Una reminiscencia de Tirteo en Virgilio? (Emerita, 1959), ademais de reseñas de libros importantes en Estudios Clásicos, Compostellanum e, sobre todo, en Emerita. Capítulo especialmente importante no curriculum do noso investigador son os seus traballos sobre Celtoloxía e Lingüística paleohispánica, entre eles: o teónimo galaico Edovio (1965), a datación da roda de Catoira (1975), novo teónimo indíxena en San Vicente do Grove (1976), a inscrición bilingüe de Lamas de Moledo (1980) e o topónimo celta Callobre (1988). Son numerosos e moi documentados os estudios de Isidoro Millán sobre a tradición xacobea, e importantes os relativos á Epigrafía e á Arqueoloxía.
Nº 364 228