MANUEL MURGUÍA
tesouros que garda o Museo de Pontevedra son froito de centos de xestións, por veces delicadas, para impedila desaparición. Non é este o lugar de valorala súa xestión política, pero si de constatar que non o devorou o coche oficial, porque foi un ilustrado político máis ca un político ilustrado. Este posibilismo, lonxe de ser un analxésico para a dor que lle provocaba a morte e o exilio de tantos amigos galeguistas, levouno a agachar na súa casa durante os tres anos da guerra unha persoa de esquerdas que o franquismo buscaba, conseguirlle unha amnistía ó rematala guerra e, sobre todo, impoñer durante toda a súa vida silencio verbo deste longo episodio, porque a man dereita non debe sabelo que fai a esquerda. Ese era o posibilismo de Filgueira, un posibilismo ennobrecido coa altura ética e a elegancia da discreción. Nos milleiros de páxinas que escribiu reitera uns sorprendentes espacios en branco: son os silencios ante rumores mal fundados; silencio ante a distancia dalgúns sectores do nacionalismo, silencio sobre aquel de quen el non puidese falar ben; preferencia polo que aconteceu antes de 1936, (síntoma que contradí certos diagnósticos apresurados); negativa a saír de Pontevedra para voar profesionalmente: velaí altura ética e estética. ¡Que difícil é gardar silencio cando nos atacan e unha palabra podía defendernos! Pero, ¡que ele
315
gante é a discreción! Tiven o privilexio de verlle vivir con ese mesmo silencio estoico a alegría de que no final da súa vida dende o galeguismo se lle recoñecese un traballo infatigable, sincero e valioso a prol da cultura galega. O 13 de maio de 1995 unha entidade tan plural coma a Fundación Premios da Crítica Galicia entregoulle en Vigo o título de Galego Egrexio. O ano seguinte concedéronlle o título de Doutor honoris causa en Historia a Universidade de Santiago (26.4.1996) e en Filoloxía Galega a Universidade de Vigo (31.5.1996). Catro meses despois (13.9) e nese clima descansou para sempre, gloria desta Academia e de Galicia, deixándonos un patrimonio de memoria, de estética e de ética. Xesús Ferro Ruibal
NOTAS
1 FORTES ALÉN, María Jesús (ed. lit.): Ó dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (19061996) : bibliografía, traballos, eloxios / edición preparada por Mª Jesús Fortes Alén. Pontevedra, Caixa de Aforros de Pontevedra, 1996. Se non marro, el e Amador Montenegro Saavedra cadran en seren os académicos máis novos (entraron ós 35 anos); pero ninguén coma Filgueira foi académico durante 55 anos. O actual director, Carlos Valle, entrou como estudiante colaborador ós doce anos e confesa que iso decidiu, coma no caso doutros investigadores, a súa vocación.
2
3