314
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
rra. Como nunca concibiu o galeguismo como pura paixón intelectual, senón como algo que tiña que chegar ás masas, soubo darse maña para seguir estudiando e publicando cousas da lingua e cultura galega nas terribles condicións da posguerra, mesmo se en galego só podía facer esa cousa tan humilde que era O gaiteiro de Lugo, pero do que chegaron a venderse 150.000 exemplares. O seu talante posibilista, que o distinguiu sempre dos que practican o t o d o o u n a d a , explica que a súa man de xestor apareza entre 1923 e 1996 en case todo o que é decisivo para a cultura de Galicia. No fragor da Guerra Civil contribúe a salvar do lume canto había na casa de Castelao e posteriormente reintegralo dignamente a Pontevedra; permítelle estar na reorganización do pouco do S e m in a r i o que as circunstancias permitían, baixo a denominación de Instituto P. Sarmiento, e facelo operativo co nacemento en 1942 do seu boletín Cuadernos de Estudios Gallegos; explica o impulso á convocatoria das B i e n a i s d e P o n t e v e d r a; explica que en 1949 cree a editorial dos Bibliófilos Gallegos, adiantándose nun ano a Galaxia, coa publicación dos C a m i ñ o s n o t e m p o de Ramón Cabanillas e impulsando a novela en galego, a traducción e a recolla do refraneiro; explica que en 1965 participe na creación dos cursos de Lingua e Literatura Galegas na Universidade, e en 1972 na primeira cátedra universitaria de galego. Culmina a súa vida de xestor cultural sendo Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia (primeiras transferencias do Goberno español) e como Presidente do Consello da Cultura Galega, (nova sede no Pazo de Raxoi e vida intensa nas comisións). Ese posibilismo de Filgueira explica tamén un dato importante: calquera que, reparando na cronoloxía, repase a producción del catará que o galeguismo de Filgueira non se guadianizou: publicou sen pausa. Ese posibilismo levouno a ser alcalde de Pontevedra en momentos nos que as masas estaban máis insensibilizadas do que hoxe, que non é pouco, e impuxo alí criterios estéticos que salvaron a zona antiga da cidade. Quixo estendelos a Combarro, de onde unha vez os veciños o correron berrando ¡ Q u e r e m o s s e r m o d e r n o s ! Os
gueira tivo que escribir, encontrará máis dunha vez que quen está tras desa prosa sinxela é o descubridor de asuntos, persoas, datos. A diferencia doutros polígrafos, rematou canto empezou, porque sempre tivo o sentidiño de marcarse metas pequenas. Os seus moitos poucos fan unha obra monumental, enciclopédica, galeguizadora. É imposible non acabar orgulloso de ser galego, se un ten na cabeceira da cama os seus nove Adrais e vai lendo cada noite un capituliño, porque son unha enciclopedia galeguizadora. Filgueira escolleu ser un erudito divulgador e un xestor cultural, porque era o que Galicia precisaba no seu tempo.
3. MENTE ORGANIZADORA E POSIBILISTA
Deixando para outros a análise e valoración da súa inmensa obra, coido de xustiza destacar estoutra calidade. Tivo sempre unha mente organizadora e posibilista. A esa capacidade organizadora débese que, moi noviño, fose un dos secretarios do Partido Galeguista; que con 17 anos fose un dos que o 12 de outubro de 1923 crearon en Ortoño o Seminario de Estudos Galegos, aquela factoría que introduciu o estudio interdisciplinar de Galicia, que trouxo a Galicia autoridades coma Obermaier, Carolina Michaëlis, Gamillscheg, Sponer ou Piel para lles dar a coñecela nosa cultura; e que pedía a autonomía para Galicia, a independencia universitaria en relación a Madrid (e a Residencia, o Estadio, a Biblioteca América), a igualdade de dereitos para a lingua galega e o establecemento de cátedras permanentes de cultura galega. Membro fundador do Museo de Pontevedra, diríxeo entre 1942 e 1986, converténdoo nun museo modélico, que foi innovador na súa vocación investigadora e pedagóxica, coa incorporación de estudiantes ós traballos de guía, organización de exposicións, conferencias e publicacións3. Tamén a esa mente organizadora se debe que en 1944 empezase a elaboración dunha bibliografía temática de Galicia que chegou ás 26.000 fichas en 1987. Foi un sabio. Pero a súa mente posibilista protexeuno da tentación do elitismo anacoreta de tantos sabios. Filgueira foi tamén home de acción e non refugou a actividade política antes da gue