MANUEL MURGUÍA
solidez do que un publica é inversamente proporcional á cantidade de especialidades nas que se mete, refenda do vello refrán Quen moito enfeixa p o u c o a t a . Ponse en moda un tipo de investigación vertical, coma esas lámpadas que concentran toda a súa luz nun punto e deixan o entorno en sombra negra. Con este sistema o investigador chega a sabelo todo dun microasunto pero pode serlle unha camisa de once varas contextualizalo seu traballo e acompasalo co pulso do seu pobo; pode mesmo ser un científico aséptico ó que non lle interesa nada o rexurdimento político e cultural deste pobo. Hoxe é doado ser investigador vertical, e empeza a habelos, pero antes era máis difícil que os houbese, porque a investigación era gratuíta; os investigadores, poucos, e as necesidades, moitas. Había sitio pra todos. Filgueira formaba parte dos que investigaban porque tiñan clara conciencia de que este noso pobo empezaba a acordar do seu sono secular e que ese proceso só se consolidaría recuperando a memoria e difundindo os nosos valores. E iso impoñía unha investigación horizontal e interdisciplinar, que ás novas xeracións lles pode parecer dispersa, pero que iluminaba o contexto dos temas estudiados. O traballo construía o currículum do pobo, máis có currículum persoal. Aquel investigador tiña que ser galeguista, xeneroso, polivalente. A aparente d i s p e r s i ó n de Filgueira non foi, como pode ser noutras persoas, incapacidade para o rigor do especialista vertical: chega con mirárllela data ós traballos que publicou para ver que a bibliografía dalgúns temas empeza con el, que abriu camiños que non existían, en moitos casos gracias a esa prodixiosa memoria horizontal, que coma unha arañeira atrapaba datos dispersos pero relacionados. De por parte, moitos deses traballos manteñen dignidade abonda, aínda que pasaron anos, aumentaron os investigadores e avanzou a investigación. Pero ademais Filgueira era moi práctico e por iso sempre tivo ansia de que o seu traballo non quedase preso no minguado ámbito dos eruditos, senón que chegase ó pobo ó que estaba destinado. Iso fíxoo estar presente na prensa. Pero non estivo nela con artigos intranscendentes porque
313
sempre pensou que non había tempo que perder senón con artigos nos que en forma dixerible e amena revelaba segredos de investigador que nos facían sentila honra de sermos galegos e que incitaban o lector común a amalo seu país, e o posible investigador a seguila pista que el descubrira. Deste xeito, calquera parroquia que petase na porta del para un programa de festas, fose Rianxo ou Berducido, Redondela ou Viveiro, o Castro de Vigo ou a Festa do viño da Ulla, levaba sempre o galano de segredos antigos das súas propias casas ou ritos ou devanceiros. Desenterraba noticias que nin os máis vellos do lugar lembraban, talmente coma se fose un protagonista do que pasou hai centos de anos. Moitos deses traballiños, logo pasaban á sección Adral do Faro de Vigo e algúns forman hoxe nove tomos que fan falalas pedras e enchen a memoria de pequenas luces. D o c e b a t d e l e c t a n d o . ¡Que agradable ler un capítulo do Adral cada noite! Ábrese e un acouga sabéndose membro dun pobo cheo de riquezas ocultas e que merece que o amemos. Tres minutos de luz e exclamar: ¡Galicia existe! ¡Galicia non é pouca cousa! ¡Somos alguén! Por iso di no limiar do Segundo Adral: Dareime por ben satisfeito se [o que eu escribo] pode sumar algo á vosa cencia e c o n c e n c i a d e G a l i c i a. Máis dunha vez lle teño oído dicir que de boa gana cambiaba un verso do noso Himno desta forma N o n d e a s a e s q u e c e m e nto canto tes de valía, porque gañabamos máis esquecendo o r u d o e n c o n o e recuperando a memoria histórica e maila conciencia do patrimonio deste pobo terra e mar, historia e arte, lingua e sentimento. O patrimonio acumulado constrúe un pobo, pero a amnesia destrúe todo. O alento dun pobo é a memoria. Que Filgueira non se amurallase na prosa repenicada e arcana dos cenáculos eruditos é un mérito que non todos comprenden e moi poucos acadan. Escribir transparente é difícil. Quen sexa entendido nun tema que toca Filgueira nun Adral catará o rigor que hai trala transparencia periodística que el consegue dosificando con habelencia concreto e abstracto, recto e metafórico, directo e alusión erudita. E, se o entendido repara nas datas dos traballos e na escasa bibliografía con que Fil