312
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
inxente C a n c i o n e i r o p o p u l a r g a l e g o (19841995) de Dorothé Schubarth e A. Santamarina. Nos anos nos que foi director do Instituto de Pontevedra, o coro daquel centro foi un dos mellores de España. No eido da historia o seu Archivo de marea n t e s (1946) rescatou a historia do máis importante gremio de Pontevedra, unha vila importante na historia marítima do mundo, aínda que hoxe ela perdese o mar. Estudiou múltiples temas de arqueoloxía, historia antiga e medieval de Galicia; e non pouco de artes plásticas, maiormente de pintura e escultura. A súa excepcional memoria permitiulle encontralo fío conductor entre a actualidade e as máis recuadas noticias de calquera asunto. Detectou sangue galego en ilustres foráneos, coma Fr. Luís de Granada ou san Antonio de Lisboa; e explicou a relación con Galicia doutros coma Cervantes, Góngora, Cosme de Medici, Camoens ou o Conde de Barcelos. Difundiu importantes datos do Conde de Gondomar, Pai Gomes de Soutomaior, Fr. Rosendo Salvado, Pedro Mariño de Lobeira, Fontán, Méndez Núñez, Casto Sampedro, Feixoo, Rosalía, Valle Inclán e, sobre todo, Sarmiento e Castelao. Publicou magníficas semblanzas de moitos galeguistas do século XX. Foi pena que non cultivase máis a creación literaria, para a que tiña ben linda pluma, como amosou nas prosas O s n e n o s (1925), O Vigairo (1927), Agromar (1936) e cantas despois se recolleron en Quintana viva (1971).
Lois Tobío, Manuel Magariños e Cordal Carús un Vocabulario Popular GalegoCastelán, ós 27 deu na Universidade de Santiago o primeiro curso de Literatura galega (1933), ós 29 (1935) descubriu en Lugo o Vocabulario galego do bachiller O l e a entre as follas dunha X e o g r a f í a de Ptolomeo, impresa en Lyon en 1535, co que adiantou en dous séculos o inicio da lexicografía galega. Nos anos difíciles da guerra e da posguerra mantivo anonimamente viva a única publicación que chegou en galego á milleiros de casas, O Gaiteiro de Lugo. Anos máis tarde defendeu nas Cortes a introducción do galego no sistema escolar, sendo o primeiro que alí pronunciou palabras galegas. Porfiou moito ante as autoridades españolas para a repristinación da toponimia galega. E eu son testemuña de non poucas xestións, non sempre públicas, para impulsalo uso do galego na liturxia. Na B i b l i o g r a f í a i n f o r m a t i z a d a d a l i n g u a galega ?(www.cirp.es)? Filgueira aparece con 114 títulos, nos que incluso toca temas de moderna sociolingüística. A lírica medieval. La Cantiga CIII. Noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval, traballo co que se doutorou en 1935 en Madrid, é unha tese pioneira de literatura comparada. Ingresou en 1941 nesta Real Academia Galega con D a é p i c a n a G a l i c i a m e d i e v a l. En 1949 apareceu o seu traballo Lírica medieval gallega y portuguesa dentro da obra Historia general de las literaturas hispánicas. En 1976 publicou Sobre lírica medieval gallega y sus perduraciones. A estes traballos seguiron moitos outros, que, en parte, están recollidos en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval. No eido da música, traballou sobre os músicos do Pórtico da Gloria, os Cantos e narracións do Camiño Francés e debémoslle a ordenación e publicación en 1942 do Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro (a quen sucedeu na R.A.G.), ese material recollido entre 1884 e 1918 que había permitir máis tarde o renacemento musical masivo na obra de Milladoiro, Fuxan os ventos, Carlos Núñez, etc. Colaborou na recuperación do perdido Cancioneiro de Bal y Gay. E apoiou na Fundación Barrié o patrocinio do
2. POLIFACÉTICO E DIVULGADOR
Filgueira foi un polígrafo; se cadra, o derradeiro polígrafo galego, porque na medida en que Galicia se vai vertebrando e acada goberno propio, tres universidades e varias editoriais rendibles, van aparecendo a centos os investigadores profesionais das letras e das ciencias de Galicia, e os museos dispoñen de persoal asalariado e especializado. Isto é moi bo pero pode ter un alifaz. A profesionalización crea un problema de espacios: algúns investigadores chegan a sentirse propietarios do seu tema de traballo e, por veces, a competencia entre os investigadores vólvese educadamente feroz. Óese dicir, coa boca pequena, que a