Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ciativa por todos os medios no interior de Galicia. Tamén se levaron a cabo actuacións fóra de Galicia, particularmente nos Centros de Estudos Galegos das Universidades de diversos países, nos Centros Galegos e Casas de Galicia, nas Asociacións de empresarios galegos existentes en diversos países etc. e) Organizamos un encontro en Santiago con outros grupos promotores de dominios lingüísticos e culturais (vascos, bretóns, galeses?), para analizar a situación de cada iniciativa, e tratar na medida do posible de levar diante da ICANN actuacións converxentes que favorezan a incorporación destes novos dominios. f) Mantivemos continuos contactos con membros destacados de PuntCat e, sobre todo, coa empresa suíza Core para o asesoramento na elaboración dos informes técnicos para presentar diante da ICANN.
CONVENIOS, ACORDOS E CONTRATOS Durante o ano 2006 a Real Academia Galega asinou unha serie de convenios de colaboración con distintas entidades, co fin de desenvolver proxectos concretos: Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para o mantemento do Servizo de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega. Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para a organización da décimo novena edición dos Cursos de verán de lingua galega para estranxeiros. Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para traballos de lexicografía e da gramática galega. Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para darlle continuidade ao equipo de traballo sociolingüístico. Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a informatización da biblioteca e o arquivo. Convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Real Academia Galega para a produción de servizos e contidos web de interese galego. Financiamento da edición do Boletín da Real Academia Galega, pola Fundación Rodríguez Iglesias e Hércules de Ediciones.
303 Nº 368