Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
?Querian pescàlos à todos arrèo, cal se fossen peixes, con seus estromentos. A húms de rapéta, à outros aô jeito; outros aô volante, con ganchos de ferro.
De secada muitos, con ferros rastreitos, outros de sacàda, è todos con cevo. Hums con canivelas querian collélos, con francadas, outros, que andassen señeiros.? (A 105053)
Pois ben, este último verso, reproducido con pulcritude polo copista de C (?que andasen señeiros?), non foi correctamente interpretado polo (re)copiador de D, para quen o mundo mariñeiro debía ser alleo, e escribiu ?que andan sen señeiros?29 O contraste aquí co copista de B é moi notable, pois este reproduciu con exactitude o orixinal. O que quere dicir o texto é moi evidente para quen teña un pouco de familiaridade coa pesca no mar: por unha banda fálasenos de métodos para 'mallar' os segadores en grupos, coma as manchas de peixes; por outra banda, de métodos para pillalos de un en un, os que andaban 'señeiros', isto é, sós: a francada é un dos segundos30. Provoca estupefacción a emenda de Pensado (en Sarmiento 1970, 149), que contradí a lección correcta dunha das dúas copias que manexa, o que lle dá azo para unhas conxecturas que frisan o disparate31. Asombra tamén que Mariño, sen dúbida nun aceno de acatamento á impoñente autoridade do profesor de Salamanca, ignore tamén a lección correcta na copia que manexa (F) e siga os pasos daquel, e ata se mostra convencido de que as extravagantes conxecturas do ilustre sarmentista nicrariense son ?razoables? (Sarmiento 1995, 289 e n.). Outro exemplo máis serviranos para pór de vulto como un pequeno descoido na copia pode provocar o ocultamento dun fenómeno lingüístico de grande relevancia. Significativamente, Sarmiento fai que cando os rapaces que interveñen no Coloquio profiran enunciados ou palabras castelás, falen con gueada. É sabido que el mesmo se lembraba das burlas que padecera por causa da gueada na súa mocidade, cando, galegofalante aínda, chegara a Castela32. Así, Perucho dinos que berraba polas rúas de Madrid ?Patuyâ, patuyâ / descalzo e famento / tuyá apatuyà, / ay zapatos viegos!? (A 146) e chámalle Aranguéso a Aranjuez (A 157, 2)33; Minguiña pola súa banda fala da Porta de Guadalagára (A 470, 3) e mais comenta que os Corchetes do Demo levan por mal nome ou alcuña Los Alguazilegos (A 514, 4). Pois ben, C reproduce os catro exemplos de gueada; B transcribiu o primeiro caso como viejos e o terceiro como Guadalaxara; D tamén esvara nestes dous casos, corrixindo para viexos e Guadalaxara34. Finalmente, F, ademais de incorporar as outras dúas emendas, corrixiu o cuarto e último exemplo para alguacilexos, apagando case todo vestixio de gueada. É certo que só F eliminou case tódolos casos de gueada, pero o caso é que as copias de que beberon os editores modernos (B, D e F), deturparon viegos e Guadalagara, escurecendo o feito crucial de que os rapaces falan o castelán sistematicamente con gueada. A consulta de A ou C podería ter axudado a alu105 Nº 363