Traballos de investigación e estudo
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
primeiro e cuarto parágrafos e ao signo <~> ao final do segundo, terceiro, quinto e sexto; só se usa <,> en dous lugares da posdata, esta sen punto final, que semella escrita por outra man. Un dos trazos máis empregados é a barra oblicua, seguida na mesma liña por letra minúscula, que nós xeralmente transcribimos con <.> (e seguido ou á parte): Obeso emprégaa en tres lugares, dobre en «sempre. Cando» e «Francisco. A miña», e simple en «Garçía. Noso»; é o único signo empregado por Beatriz da Serra («deseja. Todas», «que deuo. | Eu», Serra1) e María de Moscoso («dita. | Aynda», «marido. | O pretendente», «façelo. | Señor »). A barra usada polo señor das Achas ten a particularidade de ser máis curta e estar ás veces unida á letra anterior, nese caso seguida de punto; grafada deste xeito non marca unha separación argumental tan forte coma nos anteriores e mesmo pode nin equivaler a un signo feble no sistema moderno (p. ex., , editado «Gran traballo é estar tan lonje do que bein se quer. E ysto»); ten maior valor demarcativo cando a grafa entre dous puntos <./.>, que nós fixemos equivalente do punto, como en ou <8 deabrjll ~ de 605./.>. Amorín é tamén algo excepcional, ¯. pois usa a barra para introducir un dato aposto ao anterior, que nós marcamos con <,> («çinquenta y dos castaños, más doçientos (...) en la Torre»). A puntuación no sentido moderno do termo, usando < , . ; >, se ben cuns criterios non estritamente coincidentes cos actuais, só aparece nas dúas partes da carta escrita polo deán Rodrigo de Moscoso. 8. En xeral, estes textos non ofrecen problemas de segmentación das palabras ao editor. Así a todo, nalgúns casos foinos preciso tomar unha decisión na edición, sen termos a certeza de que se estea reproducindo a maneira de ser da lingua orixinal. Así, por exemplo editamos «ao», como contracción polo menos gráfica, mesmo nos casos en que esta non se practica no orixinal, coa excepción da carta de Lope Gallo porque esta presenta unha ausencia xeneralizada de contraccións gráficas e morfolóxicas (, mais tamén , , , etc.)6. E no sintagma (Achas1), ante a dúbida entre o adv. tanvén (port. também 'tamén') e a frase adverbial tan ven, optamos pola primeira amparándonos en que a forma do adv. ben é neste autor bein ~ vein, ademais de no mellor sentido da pasaxe. Tamén optamos pola solución conservadora en ben aventurada (1603Serra) e má ventura (1619Moscoso). A unión ou a separación de sílabas sen correspondencia co límite da palabra gráfica débense con frecuencia ao risco continuo da pluma e non a opcións lingüísticas; cumpriría, con todo, un estudo demorado que dese conta das palabras átonas que se aglutinan ou non á que leva o acento de intensidade do grupo, mais non é esta a ocasión de facérmolo. 9. As abreviaturas e tanto poden representar cast. merced coma gal. mercé, e mesmo gal. mercede. Na nosa edición desenvolvemos como ,
233 Nº 366