BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre Xaquín Lorenzo Fernández no Día das Letras Galegas
que temos diante de nós: o de facer consciente ao conxunto da nosa sociedade de que somos un pobo cunha cultura propia, cunha lingua propia, que nos dá unha personalidade no mundo, pero que somos igualmente un pobo con vontade de futuro que, a partir da cultura propia, é capaz de seguir creando e de competir no concerto internacional. Esta é unha das ensinanzas que trataches de transmitirnos da man de Vicente Risco, de Otero Pedraio, de López Cuevillas, e de tantos outros... Se somos quen a dar resposta a este desafío, sei que aló onde esteades vos sentiredes reconfortados, porque veredes que o voso esforzo en circunstancias difíciles non foi inútil. Ti fuches un dos principais cultivadores en Galicia do método ?Palabras e cousas?. Método polo que xa avogaba o Padre Sarmiento moitos anos antes de que se sentasen as súas bases metodolóxicas, cando proclamaba que non se poden entender as palabras se non se coñecen as cousas que designan, e ás veces tamén o contrario, non se coñece verdadeiramente unha cousa ou un concepto se non se coñece en profundidade a palabra que o nomea, non só sincrónica senón tamén diacronicamente. Por iso defendía a necesidade de estudar conxuntamente as palabras coas cousas que designan. Había moito camiño que percorrer ata que Schuchart definise a finais do XIX a metodoloxía Sachen und Wörter, e ata que Meringer, MeyerLübke e outros fundasen no 1909 a revista Wörter und Sachen que acabou dando nome a este novo método, xurdido dentro da dialectoloxía como unha reacción contra o método históricocomparativo dos neogramáticos, ao que se lle achacaba non que fose errado (non podemos esquecer que este método significou a creación da lingüística científica), senón a súa unilateralidade (que se centrase fundamentalmente no estudo da fonética e que se ocupase de maneira case exclusiva da lingua literaria esquecéndose da complexidade das falas). Xa sei que ti non coñecías moito de Schuchardt, nin de Meringer, nin de MeyerLübke, pero vivías o ambiente do teu tempo, tempo no que a Escola de Hamburgo, encabezada por Fritz Krüger, director do Seminario de Filoloxía Románica da Universidade de Hamburgo, introduciu realmente os estudos con este método na Península Ibérica, e a quen debemos traballos maxistrais coma A cultura material de Sanabria e territorios veciños ou o Léxico rural do noroeste ibérico, ou O mobiliario popular nos países románicos (ao que ti tanto contribuíches con informacións sobre Galicia). E esta é outra das facetas que hoxe che temos que agradecer: que, en tempos difíciles, nos que Galicia e España en xeral vivían de costas ao que pasaba no mundo, ti, xunto con outros compañeiros do Seminario de Estudos Galegos, soubeches dentro das túas posibilidades manter unha xanela aberta ao diálogo e á comunicación co exterior. Grazas á túa relación con Krüger, e sobre todo á túa amizade co seu discípulo Schneider, a quen deches acollida na túa mesma casa, e que che serviu de tradutor dalgún traballo teu ao alemán, mantiveches unha estreita colaboración coa revista Volkstum und Kultur der Romanen, na que publicaches no ano 39, cando aquí viviamos tempos de anguria, o teu traballo ?Die Bremse am galizischen Wagen?; e no ano 1943 a monografía sobre a casa popular na Limia Baixa, co título de ?Das Bauernhaus im unteren Limiabecken?. Cando Krüger se desprazou a Arxentina, seguiches tendo unha estreita relación con el, como o mostra o traballo ?Cierres de fincas en el Sureste de Orense (GaliNº 365 240