Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Incluso en el período de realengo, caracterizado por el intento de racionalizar la vida económica, el licenciado Melchor de Tebes ha de reconocer «que en el bender pescado... hay mucho desorden y se vende a excesivos precios» (Fortes Bouzán 1989: 245246).
En efecto, o comercio do peixe, fronte ós outros abastecementos, presenta un problema engadido, derivado do conflicto entre a taxación que impón o concello a través dos seus rexedores semaneiros e o privilexio dos mareantes de venderen o peixe «sin que se le ponga precio ni peso» (Fortes Bouzán 1989: 245). De todas estas irregularidades derívase, ademais da suba dos prezos, unha escaseza de bastimentos, tanto no peixe coma na carnicería, e por suposto a súa mala calidade e falta de garantías, que describe recorrendo a unha hipérbole:
benturossa foi a cassa que tal carne coziñou, pois que non se enpezoñou.
Dáse paso, a continuación, a dous sectores marxinados da sociedade da época: os «rrapaziños» desocupados, que terminarán sendo ladróns se non se poñen baixo a tutela dun amo, e a «moça que non mora con ningén yanda solteira», para a que propón como castigo «quatroçentas na tra[seira] e botala logo fóra do lugar»21. No Antigo Réxime, tanto as autoridades civís coma as relixiosas tentaron reiteradamente coutala progresiva emancipación de mulleres solteiras que, sobre todo na Galicia costeira, sacaban a lexítima e se poñían á parte, ás veces con fillos, sen estaren baixo a tutela dun home; a recomendación xeral é que se recollan ó agarimo dun parente, tomen amo ou abandonen o lugar, «só pena de cien azotes», como reza un pregón de Mondoñedo de 1564 (citado por Saavedra 1992: 166168), ou os catrocentos con que as ameaza Bieito no noso Diálogo. A xustiza é outro dos aspectos que merecen a total desaprobación dos nosos dialogantes. Os escribáns reais, que teñen un papel importante no seu exercicio, son considerados dun xeito totalmente despectivo: «Ja non trato / da manada e do barato / dos escriuanos rreás» (vv. 463465). As corruptelas destes profesionais non son exclusivas do período nin da vila de Pontevedra, aínda que durante o reinado de Felipe II as súas prácticas dexeneran en maior grao. No poema menciónase unha das principais causas dese lamentable estado, o excesivo número de escribáns:
Sonche tantos que Espinossa non ten [cantos] na súa escola para os [ter] vn par d'anos a escreber, non digo cas nen mais cantos.
En efecto, este exceso é unha das causas das súas malas prácticas. En 1598 as Cortes fanse eco desta situación, atribuíndo a diminución da labranza ó feito de que os labra255 Nº 363