Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ignorante incapaz de comprendernos. Sarmiento sabe que ese absurdo se mantén baixo dúas condicións tácitas: unha, que a xente rezaba pola súa conta en galego oracións espontáneas mentres o sacerdote rezaba no altar en latín; outra, que o sacramento da penitencia se facía en galego. É dicir, que o galego está excluído daqueles actos nos que a participación do laico é pasiva (liturxia e documentación) pero a realidade impón a súa presencia nos actos nos que é protagonista (rezos privados, rezos non litúrxicos e confesión). Por iso Sarmiento ataca no máis absurdo: a confesión noutra lingua. Critica que en Compostela haxa confesores expertos en linguas estranxeiras (que el chama lenguaraces) para atendela confesión dos peregrinos nas súas respectivas linguas e que, en cambio, non os haxa para confesar en galego os galegos.
[437] Non sei como toleran os bispos que, curas que non son galegos, nin saben a lingua, teñan emprego ad curam animarum, e sobre todo a administración do santísimo sacramento da penitencia. ¿Qué é o coloquio dun penitente rústico e galego e un confesor non galego, senón un entremés dos xordos? Son innumerables os chistes vergoñentos que se contan desa inicua tolerancia. Haberá 15 dias, que un cura galego natural, díxome, que confesando unha galega, esta díxolle que xa se confesara cun cura castelán, pero que non lle parecía que aquilo fose confesión, porque nin o castelán entendeu a galega, nin ésta o castelán.
É moi coñecida a anécdota que conta dun confesor non galego que, por non distinguir trebellar de traballar, aconsellaba no confesonario trebellar do abrente ó solpor.
[438] O verbo trebellar, en galego, de tripudiare, sempre ten mal sentido e dista 100 leguas do honesto verbo traballar ou trabajar. Houbo un confesor castelán, que ata despois de moitos anos estivo no erro de que o verbo galego trebellar era o mesmo có castelán trabajar. Se o tal confesor oíse a coñecida copla galega común: O crego mais a criada Jugaban aos trebelliños, & 31 entendería o significado. E ós penitentes, que confesaran que trebellaran tantas veces, dicíalles que en días festivos, só podían trebellar unha hora; pero que nos días soltos, podían trebellar dende que abría o día ata media tarde (ad laudes et per horas). [439] para evitar estes e outros absurdos en odio, burla, nulidade e chacota do sacramento da penitencia, é xustísima a lei ou o costume dos cataláns, que xamais darán curato o rectoría ó que non é catalán ou non está examinado de que sabe ben a lingua catalana. Non hai moitos anos, que a un gran doutor, e que predicara a coresma en Barcelona con aplauso, déronlle cabazas para una rectoría pola sola razón de que non sabía o vulgar dialecto catalán. ¿E porqué os bispos de Galicia, non se deben cinguir a esta xustísima lei? É moi loable, sobre ser precisa, a lei da América, segundo a cal ningún sacerdote pode ter curato ou doutrina, se non sabe ben a lingua bárbara dos pobos que ha de instruír. Así chaman linguaraces os que estudian moitas linguas bárbaras, para estaren capacitados para este ou outro curato. Eu aseguro que, se para os curas de Galicia houbese exame do que saben do galego común, e suspendesen os que non o saben, tería eu menos que persuadir sobre o estudio da lingua galega (SARMIENTO:1998,437440).
223
Nº 363