Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Erario Real quere gañar moito, ten que sementar algo. E cítalle un refrán vello castelán: El que dá el consejo ha de dar también el vencejo (PENSADO 19721995,32,n. 52) 15. A intención social dos seus escritos é explícita no contido; e, por veces, xa no título 16. Sarmiento, antes que benedictino, é galego. E ser galego é sufrir coma el a desproporción entre recursos naturais e capacidade ou posibilidade de explotalos en beneficio dos galegos. Por iso Sarmiento é un ilustrado para quen o pobo non é só tema de conversa, senón algo vivo e doloroso do que hai que facer algo máis ca falar. Por iso, como dixo Pensado (19721995,60; 32) na súa xerarquía de valores coloca antes os seus paisanos cá súa Orde benedictina 17. Con Sarmiento nace un galeguismo que por definición está á par dos humildes, a diferencia de movementos similares noutros pobos. Por iso este galeguismo tivo problemas para ser integrado polo poder e mesmo pola xerarquía eclesiástica (caso de Rosalía, Aurelio Aguirre, Curros, Bóveda, Castelao); tivo e ten aínda tantas dificultades para que o asuma a xente que aspira a triunfar. Por iso foi liberal, en tempos de absolutismo e por iso aínda hoxe require un esforzo mental de preferencia polos humildes. Esa é a súa cruz, pero é tamén a súa gloria. Esa é a súa marca de fábrica cristiá. 4. Sarmiento teólogo
18
Pode sorprender que tan brillante cabeza, nunha Orde coma a Benedictina, non se sentise atraída pola especulación verbo da esencia de Deus ou os grandes misterios da nosa existencia (a morte, o mal, o pecado, a finitude, a transcendencia) senón sobre a ordenación racional e cristiá da nosa vida. Interésalle menos a esencia de Deus cá existencia dos homes. Máis que os problemas de pensamento preocúpano os problemas de conducta. De feito, non se sabe que fose profesor de teoloxía dogmática 19 senón de teoloxía moral 20. No eido da teoloxía dogmática chégalle coa fe nun Deus creador e providente que nos ha xulgar 21 e só se sabe que escribise algúns sermóns 22 e unha reseña crítica dunha obra teolóxica sobre o ceo e o inferno (por testemuños de vista e oído, nada menos) 23 e empézaa con esta frase lapidaria: O xuicio que formei do autor é que probablemente o perdeu 24. Ese era o estilo de Sarmiento. O frade pontevedrés era un frade leal á súa Orde pero mantiña unha independencia de criterio moi grande 25: de feito chegou a escribir un documento secreto que sempre gardou para cando encontrase un P. Xeneral dedicado á cortar de raíz moitos dos abusos aquí referidos. Refírome á críptica copia dun Privilexio Real concedido por Ordoño II ó mosteiro de Samos. 5. Sarmiento e a lingua galega A preocupación lingüística é filla destes mesmos vimbios. Sarmiento recolle palabras 26, constrúe a súa xenealoxía etimolóxica, dignifícaas ó relacionalas coas doutras linguas, crea os primeiros estudios filolóxicos serios, escribe o primeiro texto longo con inten221 Nº 363