BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
E ós quince días mándalle un torno de fiar que lle viu en Madrid a unha marquesa, que permite fiar mellor e a máis velocidade, para que o copien. 3. Sarmiento un ilustrado crítico Sarmiento é un benedictino do sector crítico; pero o seu prestixio intelectual fai que o consulten nobres, altos políticos e mesmo o rei. E chóvenlle peticións de favores. Sarmiento non quere ser encomendeiro e con isto gaña algúns inimigos pero el non se priva de denuncialo parasitismo dos ociosos lagarteiros. Coherentemente négase a facer carreira eclesiástica, renunciando á abadía que lle concedera o rei en Ripoll, o panteón nacional de Cataluña 13. A súa posición a favor do pobo lévao a usar sempre, mesmo nas cousas máis eruditas, unha linguaxe directa, transparente, lapidaria ás veces, chea de expresións populares.
Alivialos casteláns para cargalos galegos é invención do demo, non do rei. Se se atende á masa común, ninguén contribuíu á Coroa en todo máis do que contribuíu Galicia (SARMIENTO:1995,34,91). Pagou Galicia 20. Entraron na Caixa do Rei 4. Logo estafáronse 16 (PENSADO:19771995,36)
O modo de pescar moito é o peor modo de pescar (SARMIENTO:1992 Atunes 163) Que non se toleren oficios con que se gañen millóns, à costa de que millóns no teñan nin qué gañar, nin qué comer (SARMIENTO:1992,Miseria 6)14 Había de queimar todo libro de Gramática, que pase a Galicia, e que no estivese explicado en lingua galega (SARMIENTO:1995,45,114). Non se debía permitir que en Madrid vivise máis xente cá que come do salario do Rei ou dalgún oficio mecánico útil. Os... [que teñen título nobiliario] había que obrigalos a vivir no seu territorio. Así non poderán menos de facer moito ben ós pobos, moita limosna ós pobres, moitos favores ós seus vasalos, e non deixará de facer algunhas obras públicas a súa costa, ou por benevolencia ou por ostentación. (PENSADO: 19721995,46).
Chega mesmo a iniciar un escrito titulado: Algunas consideraciones sobre el modo de aliviar la miseria de los pueblos (SARMIENTO 1992,129147). Pensado Tomé, a quen hoxe é de xustiza honrar aquí porque foi el quen gastou 50 anos da súa vida en darnos impecables edicións das obras de Sarmiento, dicía que a obra de Sarmiento é a voz directa do pobo, aínda que os seus escritos van dirixidos a cortesáns cos que discute na súa cela. Dóelle a explotación. Non hai en todo o século XVIII máis dolorosas e desgarrantes páxinas verbo do estado de Galicia cás que deitan da súa pluma. Sarmiento comparte sinceramente a dor dos pobres galegos. Así denuncia que en 1751 se decretou un imposto especial para arranxalos camiños de Pontevedra e cada lareira tivo que achegar unha peseta e, daquela, para xuntar unha peseta, un galego tiña que sachar catro días seguidos. Os camiños non se compuxeron. As 50.000 ptas. a Madrid parece que non chegaron. Os veciños tiveron que compoñelos camiños pola súa conta. Sarmiento esixe que se devolva a peseta a cada casa. Se o
Nº 363 220