BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
Xeografía
Nomenclátores. Planos para unha nova xeografía de Galicia, de España e de América Clima de Pontevedra, Aranjuez e Madrid (25 anos) Monografías sobre historia de Pontevedra, Galicia, Orde benedictina, Madrid, España. Crítica dos Cronicóns e das historias de Portugal Monografías de numismática, epigrafía e arqueoloxía Sistema de adornos do Palacio Real de Madrid Estudios etimolóxicos e de gramática histórica galega Coloquio dos 24 rústicos Poesía medieval hispana Documentos orientais e estudio do árabe Estudios verbo do papel e o prelo Electricidade, raio, terremotos, elevación do nivel do mar. Cuadratura do círculo e problema da lonxitude Ponte dun arco sobre o Sil Planificación dos Camiños Reais de España e Galicia 37 títulos de botánica 7 de mineraloxía (pizarra, malaquita, fosforita, platina, amianto etc.) 23 títulos de zooloxía (cebra, lubicán, rinoceronte, unicornio, papión, paxaros varios, atún, cetáceos, cerco da sardiña etc.) Utilidade de diversas plantas: carqueixa. Enfermidades (bubas, cólico renal, mal serpentino, morte aparente) Recensións e cartas sobre asuntos médicos. Educación da xuventude. Recensións críticas. Escritos en defensa e de crítica da organización benedictina Contribución única Mesta Propostas sobre cultivo e poboación dos campos Modo de aliviala miseria dos pobos Defensa do Teatro Crítico do P. Feixoo Obra de 660 pliegos Viaxes Asuntos autobiográficos 2 sermóns Recensión crítica da obra De caelo, et de inferno ex auditis et visis
Historia
Belas Artes Lingüística e Literatura
Biblioloxía Ciencias físicomatemáticas Enxeñería Historia natural
Medicina
Ensino Organización social e política
Enciclopédicos
Relixiosos 9
De todo isto está aínda inédito un 65%, segundo os meus cálculos 10. Hai unha data crucial. 1727. Ten 32 anos. Como lle ven condicións para a investigación histórica 11, chámano para ordenalo arquivo da Catedral de Toledo. E alí prodúcese algo decisivo. Entre os manuscritos da biblioteca atopa o Cancioneiro no que o Rei Sabio canta a Santa María en galego e algún outro texto literario medieval. Queda coa boca aberta, porque non sabía que o galego se escribía e non lle cadra cos castigos que na escola de Pontevedra lles poñían ós que dicían algunha palabriña nesta lingua. Durante varios anos escribe en defensa de Feixoo, de asuntos internos dos benedictinos e ós 37 publica a súa primeira obra. Pero por este tempo descobre o famoso texto do Marqués de Santillana que o avisa de que houbera un tempo en que o galego era a lingua dos
Nº 363 218