BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
la que se compromete tamén coas consecuencias do seu pensamento. Sarmiento nos seus escritos en diferentes momentos diríxese ó lector. E, por moito que diga que escribo por mi gusto y para mi instrucción, tamén di que non precisa relelos seus escritos para sabelo que pensa e volver escribilo mesmo se perde un orixinal. El, que criticaba o dictado de apuntes nas Universidades en vez de utilizala imprenta para que os alumnos lean directamente os libros e debatan co profesor, está noutra onda. Sarmiento non buscaba editores; o que el buscaba era lectores pero eses lectores quería escollelos el entre xente aberta e de boafé e iso o sistema editorial non llo garantía. O que lle garante o editor convencional é moitos lectores de mala fe e para esa xente de cabeza obtusa e espírito mesquiño si que non escribe. Sarmiento viviu no século XVIII pero mentalmente vivía xa na era do correo electrónico masivo pero selectivo. Foi tamén nisto un precursor. 29. Mc 16:15 et dixit eis euntes in mundum universum praedicate evangelium omni creaturae 30. Pode verse FERRO (1987, 634). 31. O significado de trebellar vese claro nesta cántiga: Mingo, Mingacho, /cara de cacho, /bico de ovella, /¿quen che mandou trebellar coa nena? Sarmiento non dá esa cántiga completa pero podémola recosntruír por estes paralelos documentados: O cura e máila criada /xogan ós tiribiquiños, /a criada cai de espaldas /i o cura cai de fuciños. O cura maila criada /foron ós garabulliños, /a criada caeu de espaldas /e o cura de fuciños. O cregho e maila criada /foron ós gharabulliños /a criada cae de cu /e o cregho de fuciños. O crego e maila criada /foron a ver os cabritos; /o crego caiu debaixo, /a criada, de fuciños. O cura e maila criada /van atelos cabritiños /a criada cai de cu /i o cura cai de fuciños. O cura e mais a criada /foron regalos pepinos /a criada caeu de costas /o cura caeu de fuciños. 32. Obsérvese que pide un Concilio Provincial de Galicia no que os leigos teñan voz, é dicir, non un simple xuntoiro de eclesiásticos. 33. O texto é do Papel curioso sobre la Planta... Seyxebra. Col. Dávila XI, fol 143 v,144r; cítao PENSADO (1978:144145). 34. Así eu son da idea de que no hospital [general de Madrid] había de haber un especial médico galego para curalos galegos (SARMIENTO:1995,156). 35. Un recente estudio de Daniel López Muñoz revelou que onde hai misa en galego de maneira habitual o nivel de aceptación é moi alto (78,5%) e só lle disgusta a un 6%. Mentres que,
onde nunca a hai, a maioría son indiferentes (45,5%). Non se pode amalo que non se coñece. Hai anos, antes de que existise a TVG, tamén había xente a quen lle parecía estraño a transmisión en galego do fútbol, cousa que hoxe ninguén discute (LÓPEZ MUÑOZ 1989, 2000a e 2000b) O número de misas nas cidades galegas non chega no 2001 ó 10% do total (coma tal, 13 en Santiago, 5 en Ferrol, 7 na Coruña). 36. Sarmiento gozou no mosteiro bieito de San Martín de Madrid unha relativa autonomía. Sen embargo, ós 60 anos devecía por saír daquel Madrid que el chamaba Babilonia e vir para Pontevedra. Ós 62 anos escribía ó seu irmán Xavier: Predicas bien que deje los libros y la pluma, y que deje esta Babilonia. La dificultad está en el modo, pues ganas me sobran y a mí ya no me duelen prendas (SARMIENTO:1995,26). El día de ayer estuve largo con el Ilustrísimo Rábago, que me visitó dos veces en mi problemática enfermedad. Estuvo ayer muy divertido y hemos hablado de diversos y de Boa Vila. Y creo que si hoy mandase las tropas, me colocaría en alguna cosa de mi gusto, sin cura de almas ni gobierno de cabrones, que tanto aborrezco (SARMIENTO:1995, 25). 37. Vmrd. sabe muy bien que la porcioncilla de libros que tengo, ad usum, en mi celda, son de aquella clase; y que sólo los compré con el fin de hacer más numerossa y universal la biblioteca de este Monasterio de San Martín, casa de mi profesión, a la cual pertenecen de derecho, después de mis días [136](... ) Lo que de mí puedo asegurar, con toda certeza, es que, si eso dependiese de mí, ya estaría entablado casi todo; y si yo tuviese algún dominio sobre mis tales cuales libros, sin duda alguna los dejaría para la biblioteca pública que se formase en el lugar en que me crié. Esto, lastimado de que, siendo un pueblo de mil quinientos vecinos y en el cual toda la juventud puede aprender las primeras letras, se ahoguen tan buenos principios y se den a la ociosidad muchos entendimientos despejados, sólo porque no hay libros a que se dediquen [142] (SARMIENTO 2002b,136 e 142). 38. E selo hoxe sería tamén moi incómodo. A novas conquistas, novos problemas. Agora que a autonomía política non é unha utopía, senón unha realidade, Galicia é unha sociedade bilingüe con moita desigualdade de medios a favor da lingua castelá e discútese se a lingua é o trazo esencial da identidade galega. Obviamente estamos obrigados a convivir pero iso exise de nós unha moi alta conciencia de que a desaparición do idioma implicaría a perda da identidade. Non sabémolo que temos ata que o perdemos. Sen lingua galega non hai Galicia.
Nº 363
232