Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
9
entrevista de 1983, cando a propósito de Cuevillas di: ?Il á carreira (era farmaceutico por estudos) non lle tiña afición, pero recordaba todas aquelas cousas que lle interesaban de anatomía, botánica e outros temas. Pasáballe coma a mín, que comencei a estudar Ciencias Naturais e nunca esquecín as cousas que me ensiñaron os bons mestres? (Xaquín Lorenzo: O amigo fiel.?, en La Región 30 de xullo de 1983). E testemuña deste feito son os cadernos con debuxos e notas da súa man que se conservan no Arquivo do MAPOur. Tamén as íntimas relacións que mantiñan, como o revela nun parágrafo do artigo que publicou en La Voz de Galicia, do 13.11.1986, co título ?Cen anos de Cuevillas? (recollido agora na publicación Xaquín Lorenzo, De varia etnográfica. (Escolma, limiar e notas de M. Carlos García Martínez). Biblioteca Gallega. La Voz de Galicia, 2004), onde di: ?Moito valeron os ensinos de Cuevillas, anque aínda máis valeron os seus exempros e a súa amistade. En tódolos actos da súa vida foi o home que actuou dacordo cos seus ideais, co seu pensamento, coas suas crencias. ... Un intre, non embargantes, tivo de vacilación e desánimo na súa vida: cando comenzou a guerra civil. Por aquiles dias mandoume os seus apuntes, as suas notas, as investigacións comenzadas, todo o seu manterial de traballo e díxome que non quería seguir con aquello. Que eu, se tiña azos para elo, seguira aquil vieiro, que íl xa non agradaba nada máis, que non voltaría ós seus estudos e inquéritos. Non embargantes, aquello non durou. Pouco a pouco funlle devolvendo aquil material para que completase ideais, enchese lagoas, acrarase conceptos; e tornou de novo a renacer níl o desexo de traballar pola Terra, ben que noutras condicións e faguendo o mínimo de concesións ás novas circunstancias?. Unha versión moi semellante aparece na entrevista citada denantes e publicada en La Región o 30 de xullo de 1983. F. Álvarez Alonso: ?Sobre la marcha: D. Joaquín Lorenzo?, en La Región, 12 de marzo de 1965, p.5, onde se pode ler: ?Estoy poniendo en orden el original de Cuevillas sobre Prehistoria de Galicia, que será una parte del segundo tomo de la Historia de Galicia que se está editando, bajo el patrocinio de don Manuel Púente, en Buenos Aires?, ?Me eligieron los editores de la obra, por ver en mi a un discípulo íntimo de Cuevillas, conocedor de su pensamiento y de sus opiniones en este terreno. Y, por otra parte, sabían de mi profundo afecto por Cuevillas me llevará a
hacer este trabajo con todo el interés y con todo el cariño?. Hai outros datos de interese na mesma, como a referencia seguinte: ?El trabajo por el realizado no será alterado; pero tengo el pensamiento de hacer, en colaboración con Bouza Brei, un apéndice poniéndolo al día, ya que desde el fallecimiento de Cuevillas, han aparecido nuevos materiais?. No volume editado hai efectivamente un apéndice, pero é da autoría de don Xesús Taboada Chivite, tamén discípulo de Cuevillas e íntimo amigo de ambos os dous. 10 Así o recolle a prensa da data, e aparece cunha colaboración na publicación que fai a Real Academia Galega que recolle o traballo de Fl. López Cuevillas, A Edade do Ferro na Galicia. Tamén foi o colector da escolma de artigos de don Florentino publicados baixo o titulo ?Cousas de Ourense?, Concello de Ourense. Galaxia, 1969. 11 Foi presidente do Comité constituído en Ourense, que organizou os actos que incluíron a celebración dun Coloquio internacional de Arqueoloxía, que se celebrou no Ateneo de Ourense, do que se publicaron a meirande parte das intervencións no Boletín Avriense, XVII, 1987, con achegas de varios autores. Así mesmo editouse unha memoria sobre os traballos realizados no Castro de Cameixa, e na súa presentación relata as circunstancias que explican a tardanza: ?nesa época xa se atopaba inutilizado nestas actividás pola reuma que o atacou gran parte da súa vida. Tamén foi a última obra, que non chegou a concluir: Un día, alá polos comezos do mes de xuño de 1957, nos derradeiros tempos da primavera, cheguei coma de cote onda il. Xa de pirmeiras díxome que estaba canso e non tiña azos para traballar, que deixásemos para outro día o proseguimento da nosa angueira, día que non chegou nunca.? ?No meu poder quedaron istes derradeiros ensinos do meu chorado mestre. Máis tarde quixen rematar eu soio o que na súa compaña comenzara, mais non me foi posible. Cando ollaba diante de min as coártelas escritas por íl, sentía a fonda saudade da súa ausencia e ía deixando dun día para outro aquelo que eu matinaba rematar.? ?Esí pasou o tempo e agora, ó cabo distes 28 anos, decídome a dar a coñecer a derradeira obra do meu mestre coa que me honrou faguéndome o seu colaborador e que eu quero respetar na súa integridade coma homaxe cordial e sinceiro no Centenario da súa nacencia. Vaia pois, iste traballo coma tributo de quen lle debe os
65
Nº 365