MANUEL MURGUÍA
17
lador dunha tendencia, non por estendida menos asombrosa, pola cal se atribúen a Murguía tódolos textos coetáneos que aparecen asinados coas iniciais M. ou M. M. Así, a Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago, caso extremo de irresponsabilidade, adxudica a Murguía, no seu ficheiro informatizado, a novela El bien ajeno, asinada con esas iniciais (La Coruña, Tip. de La Mañana, 1898; signatura GA7201). A atribución non resiste o máis lixeiro exame: ignoro quen sexa o autor de El bien ajeno, pero esa novela é, sen dúbida, traducción doutra inglesa. Un segundo exemplo témolo nun recente artigo de Francisco António Vidal, que fai a Murguía autor dun texto en portugués, unhas cuartillas que ?encontra?, segundo di, na Academia Galega (?Murguia: Um texto en português?, Agália, 47, 1996, p. 351359). Que o texto está en portugués e que a letra é de Murguía ninguén o dubida, pero non se trata dun orixinal do autor: son anotacións que Murguía toma dun libro en portugués e en ningún caso obra propia. Confundindo os seus desexos coa realidade, o despistado Vidal non repara en que Murguía apunta, en cada parágrafo, a páxina de onde o toma (notas ó pé incluídas), e tampouco ve as interpolacións do autor en castelán. Ante esta situación, creo necesario abordalo presente traballo tomando a palabra bibliografía en sentido amplo, é dicir, que non me limitarei a consignar libros e folletos, como fixo Odriozola, senón tamén artigos, conferencias, cartas, poesías, manifestos..., todo aquilo, en fin, que saíse da pluma de Murguía. O criterio que preside este traballo non pode ser outro que, a c o n t r a r i o, o da cita que o encabeza, é dicir: tódalas obras de Murguía que aquí se consignan foron vistas por min e a súa descrición feita tendo na man o libro ou a revista de que se trata. Cando, excepcionalmente, me foi imposible ver algunha e tomo a referencia doutro autor, aclároo en cada caso. Esta bibliografía organízase en tres apartados: a) Libros e folletos; b) Publicacións periodísticas e dispersos; c) Apéndice. En Libros e folletos relaciono, en primeiro lugar, as edicións aparecidas en vida do autor, únicas que teñen valor desde o punto de vista crítico, e, en segundo lugar, as edicións póstumas. Neste primeiro apartado benefíciome, naturalmente, da contribución de Antonio Odriozola, sumo ás xa descritas dúas edicións descoñecidas para el (e mailas aparecidas nos últimos anos) e corrixo pequenos erros ou erratas de que