16
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ble consulta, as ?Notas bibliográficas? publicadas no número de homenaxe que lle dedicou o Boletín de la Academia Gallega o 17 de maio (non hai erro no nome do Boletín: durante a II República Española a Academia prescinde do título de real). Lixeiramente resumido (de 4 páxinas pasa a 3) e cambiado o título polo de ?Bibliografía?, este texto, xunto con outros dous dedicados ó autor, incluirase na tirada á parte que se fai no mesmo ano (Primer centenario del n a c i m i e n t o d e M u rg u í a, 18331933, La Coruña, Academia Gallega). Debido a C. V. L., sen dúbida César Vaamonde Lores, o traballo é totalmente equivocado, inútil e perturbador para os bibliógrafos e estudiosos posteriores. C. V. L. ofrece un listado de supostas edicións de Murguía no que se mesturan libros con artigos, sen posibilidade de distinción entre ambos, pois todos levan a mesma disposición tipográfica; confunde datas, omite lugares de edición e sistematicamente editoriais ou imprentas e trabuca xéneros literarios, chamando novelas, biografías e ensaios ós artigos publicados en diarios e revistas. Non se crea que exhibo unha dureza inusitada ou que son inxusta con C. V. L., devotísimo de Murguía, por outra parte; repito cualificativos ?e omito outros, non menos duros? do mestre Antonio Odriozola, persoa que ó seu saber, non suficientemente recoñecido entre nós (pero si fóra), unía unha simpática bondade. Foi Antonio Odriozola, en efecto, quen, cincuenta anos despois do artigo de C. V. L., puxo orde na tremenda confusión co seu notabilísimo estudio ?Precisiones en torno a la bibliografía y escritos del Patriarca? (LVG, 671983), os datos do cal reproduciu, en parte, en ?Las ediciones de Rosalía de Castro y de su esposo en vida de ambos? (Actas, t. 1, p. 9396). Ocúpase Odriozola unicamente dos libros e folletos independentes; analiza, un a un, os tropezos de C. V. L. e traza unha lista, completa e correcta, das edicións murguianas. Pese a Odriozola, as palabras de Murguía conservarán plena vixencia: coma se copiasen cegamente uns ós outros, o incombustible C. V. L. seguirá presente en tódalas bibliografías posteriores, desde Couceiro Freijomil ata hoxe. Pero isto non é todo. Sobre os erros de C. V. L. acumúlanse outros novos, non menos temibles, aínda que doutro signo. Se aquel foi especialista en crear edicións pantasmas, nunca apuxo a Murguía obras que non fosen súas, cousa que está a suceder hoxe. Poñerei dous exemplos. O primeiro é, ademais, reve