Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Cando de soia me erguín crucei o mar da Marola. Eran as ondas enteiras, duras e longas, era a sua espuma loita. Non tiña medo do vento. Mar sin marea que trocara sua ronda. (Mariño 1994: 185186. A negriña é miña) Era todo mar de fondo chegada de augas ó ceo espaiada néboa soio remo segredo aquel do home que na altura quebraba. Quebraba as augas. Buscaba lúa. Cramaba terra crama crama e cruza o mar hasta o fondo. Aquel hometres cabezas cruza i atopa. Atopa a terra, anque cansa, co seu día de sol e noite de lúa. Atopa home mundo que el deixara. Atopa tódalas cousas. Tres cabezas vólvense ás augas. Na terra achégase á súa con medras. Eramos xa trocados enanos peladiños vellos. Eran camposteitos verdes na sequía. Eran arbres fartos mortalonga vida nova, cando se oen berros, berros coxos de bríos: ¡Por riba de nós queda o mar! (Mariño 1994: 155. A negriña é miña) Era a migalla dun home o que facía andar o mar. Dáballe ás augas voo, Vóo que brincaba en ondas. As pernas de argazo rubían as penas recén paridas de cunchas de vermello e toxo limpo. As mans peixe aparexado facían parir as augas. A cabeza oca sabía do seu. Os ollos farola do primeiro barco que aprendeu a andar, eran quedos, non espentenexaban quedos e alumeados. A boca non tiña dentes, escondrixo soio de lengua que non falaba nin estaba queda. Os brazos, peladiños de óso, movíanse como caracol sin casa. O peito soio era luz Luz que en raio decía: ?¡Deus das augas embarrancou aquí!? Fuxín deixando todo naquel brilante. Un ¡ai! levou conta del.
15
Nº 368