BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
respectuosos). Foino, evidentemente, na disciplina de Lingua galega e de cousas do país, esa materia que os alemáns dos primeiros anos do XX chamaron Wörter und Sachen (Palabras e Cousas), disciplina e método filolóxicos nos que o noso lingüista foi un ilustre precursor3. Non sabemos, sen embargo, se o tío Marcos lle abriu os ollos ó seu sabio discípulo noutros saberes, especialmente nos relacionados, en Galicia, coa cuestión social. Aquí as cousas, urxe sinalar que Sarmiento aínda non foi estudiado, en tódolos seus aspectos, como sociólogo e politólogo. Páxinas hai que están reclamando un estudio, e, nel, a nosa gratitude douscentos cincuenta anos despois de escritas. Nunha carta do 18 de decembro de 1748 lemos observacións tan críticas e modernas coma esta, que traduzo: ?Galicia non necesita aumentalo número de caciques senón de diminuíla infinidade de pobres coitados que son escravos de todos e da terra. Todos claman 'ben público, ben público', e a maioría menten...?4. Os lectores atentos de Sarmiento saben moi ben que hai, especialmente no epistolario, outras páxinas así de desacougantes. Cómpre e urxe, despois de contextualizalas, examinalas con coidado. En calquera caso, quizais nunca cheguemos a saber se estas páxinas críticas sobre a condición social das xentes do campo foron inspiradas, aínda que fose en moi pequena medida, polas conversas, non só metalingüísticas, do tío Marcos da Portela. De tódolos xeitos, ó tío Marcos da Portela abóndalle, para figurar na Santa Compaña de sombras ilustres e beneméritas, co feito de ser, en moi distintas ocasións, profesor de idioma galego do P. Sarmiento, aquel sabio que a mediados do século XVIII sentou os alicerces da Lingüística galega. Se eu fose pedáneo da parroquia de Mourente ou, quizais mellor, alcalde de Pontevedra, mandaría erguer un monumento sinxelo á memoria daquel extraordinario falante de galego, autor de discursos e de eficaces explicacións que adoutrinaron para sempre ó Padre Sarmiento, pai da Lingüística galega. De ser así, cando no espacio de Monteporreiro os nenos xoguen ós seus xogos, lerán nese sinxelo monumento: ?Vir rusticus dicendi peritus: home do campo mestre na arte de falar: de falalo galego?. NOTAS
* Relatorio proferido no Teatro Principal de Pontevedra, o 17 de maio de 2002, no acto literario co que a Real Academia Galega honrou a figura do gran polígrafo. Nas dúas páxinas en que caracteriza a Marcos da Portela, Sarmiento escribe: ?Este era... el rústico más advertido, picarón y gracioso que allí traté aún siendo yo niño? (p. 82). ?Era labrador y jornalero y trabajaba en casa de mis padres muchas veces. Por eso le conocí y traté mucho, y me gustaba por su viveza y genio festivo [...] cuando comencé estas 'coplitas' pensé ponerlas en cabeza de algún rústico conocido, y
Nº 363
1.
2. 3.
4.
al punto se me ofreció Marcos da Portela por ser agudo y despierto? (p. 360) (Colección de voces y frases gallegas (ed. de J. L. Pensado), Universidad de Salamanca, 1970). ?Marcos da Portela existió en realidad. Murió en 1756?, Faro de Vigo, 1381972. A revista Wörter und Sachen foi fundada, no ano 1909, polo profesor Rudolf Meringer coa colaboración de importantes romanistas, entre eles W. MeyerLübke. Epistolario (ed. de X. Filgueira Valverde e M.ª Xesús Fortes Alén), Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1995, p. 43.
206