Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
heterónimo lixeiro e popular, que el identifica coa musa divertida e aguda daquel filólogo das silveiras chamado Marcos da Portela. En efecto, no Coloquio dos 24 galegos rústicos, quen ?fala? é o tío Marcos, e, cando el non fala directamente, limítase a transcribilo que contan as xentes humildes do Coloquio, e faino de tal xeito que o transcritor, camarada sempre en humildades dos coloquiantes, non edulcora as queixas nin adultera a cosmovisión que as xentes de abaixo teñen de certas cousas. O poeta, o tío Marcos da Portela, nunca traizoa ós falantes daquel Coloquio, nin sequera ós catro nenos que, pese ós seus poucos anos, emigraron a Madrid para gañaren o pan en traballos duros
Os catro estiveran dez meses arreo servindo en Madril por pouco diñeiro.
Velaí por onde a poesía galega moderna estréase cun inxente corpus (case cinco mil versos) de clara intención social. Sendo o seu autor o ilustre frade benedictino, o discurso, sen embargo, responde, máis ou menos, ás premisas do tío Marcos, labrador e xornaleiro non exento de certa conciencia crítica. O Padre Sarmiento, en realidade, quería escribir desde abaixo, desde o punto de vista dos humildes do seu país, e os humildes, se non están moi alienados, ás veces ?como acontece neste poemario? quéixanse ou protestan, aínda que o fagan coa retórica das bromas. Con ou sen esta retórica, coplas hai nas que se denuncian feitos que foron moi inxustos, como o de apresar ós galegos que ían á sega para metelos na tropa e facelos loitar nalgunha das guerras que España sostiña fóra das súas fronteiras. A sega a Castela tamén está presente, neste ?romanzón?, por primeira vez na poesía galega. Xa nas primeiras coplas amósasenolo nome de dezaseis segadores, catro deles de mulleres que foron ?cinco anos á sega / por facer diñeiro?. Sobre o tema interesa, e moito, a copla 1046, posta en boca dunha nena, Maruxa das Rulas, que refire:
Os nosos paisáns que tiveran medo de ir a segare os trigos alleos.
Nos dous versos finais hai un achado denominativo (?segar os trigos alleos?), que, sen dúbida dun xeito un tanto confuso, preludia a admonición social e económica que, cen anos despois, explicitaría cientificamente o egrexio filósofo de Trier, o xenial Carlos Marx. Neste corpus de 1201 coplas hai algunhas outras que están reclamando unha lectura non moi allea á que vimos de esbozar. Pero, nesta ocasión, o que verdadeiramente nos importa é saber en qué materias, en qué ?asignaturas?, o Padre Sarmiento, o eruditísimo Padre Sarmiento, foi alumno daquel sabio iletrado que se chamou Marcos da Portela (o tío Marcos da Portela, para os veciños
205 Nº 363