BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
talante festivo, de espírito vivo e de intelixencia aguda e esperta. Os adxectivos, que reproduzo milimetricamente, son do mesmo Padre Sarmiento1. Persoa tan esperta, sagaz e viva, lonxe de posuír un título universitario, era un home iletrado, quizais analfabeto. Non sei se Martín Sarmiento lera ou non a Rousseau, pero era, ó seu xeito, un rusoniano, tanto que encontraba natural que un rústico non letrado tivese virtudes de carácter e intelixencia como as que atesouraba no século XVIII este labrego que ás veces ?infórmanos tamén Sarmiento? traballaba de xornaleiro na casa de seus pais. Cando Sarmiento era neno, procuraba, sempre que podía, o trato con aquel rústico de Monteporreiro, e a Monteporreiro peregrinou Sarmiento en 1725, 1745 e 1755 para deleitarse coa conversa daquel cidadán humilde e aproveitarse do seu falar, tan rico e sorprendente en voces e locucións enxebres. Alá no fondo, o Padre Sarmiento, erudito en tantos saberes e non alleo a ningún dos idiomas sabios (hebreo, grego e latín), cando peregrina á aldea de Monteporreiro, faino, alá no fondo, para recibir, unha vez máis, leccións de lingua galega daquel rústico tan douto en camiños, congostras, fábulas populares, nomes de plantas e de bechos, refráns de lareira, contos da noite e cántigas do traballo. Profesor foi, sen dúbida, este iletrado pontevedrés do século XVIII, e, se ós profesores os xulgamos pola intelixencia e a erudición dos alumnos, ninguén máis versado e eficaz ca el, pois discípulo seu foi o Padre Sarmiento, polígrafo que no século XVIII, un tempo pouco favorable, crea esa disciplina á que aínda hoxe chamamos Lingüística galega. Creo que, se algún día alguén fai a historia dos catedráticos de galego ?sempre que a faga con criterios pouco administrativos?, o primeiro no tempo e, quizais, na gloria, sexa este rústico de Monteporreiro chamado Marcos da Portela. Non era doutor nin licenciado o señor Marcos da Portela, ou, para sermos fieis ó tratamento rural máis enxebre da época, o tío Marcos da Portela. Non foi o tío Marcos un invento ou ficción do Padre Sarmiento, escritor, certamente, non alleo, ás veces, ás musas retranqueiras; foi, sabémolo ben, un labrego que faleceu, na súa aldea natal, o ano 1756, tal como probou documentalmente un ilustre pontevedrólogo, o profesor Filgueira Valverde2. Temos que reparar na data do pasamento, 1756, meses despois da última visita de Sarmiento, visita que resultou a derradeira. O alumno quedaba sen profesor, pero o profesor ?as súas ?leccións?? estiveron moi presentes, a partir de 1756, sempre que o Padre Sarmiento se pronunciou sobre o léxico e a fraseoloxía do idioma galego. Creo máis; creo que o señor Marcos da Portela ?perdón, o tío Marcos da Portela? chegou a engaiolar, polo talento e polo carácter festivo ou rexoubeiro, a un home tan douto e tan severo como Frei Martín Sarmiento. Sabido é que, cando o noso sabio decidiu escribir unhas coplas en lingua galega, para inserir nelas canta palabra enxebre ou interesante cumpría aprender e explicar ?un exemplo ben claro de poesía docente?, o noso polígrafo opta por poñer na pluma do tío Marcos os centos e centos de versos que o noso erudito compuxo. Así pois, Sarmiento non escribe desde o seu ortónimo e si desde un
Nº 363 204