Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
36. O recurso é semellante ó utilizado contra os acordos que no seu día tomaran os concellos do Condado de Treviño e La Puebla de Arganzón (21 de febreiro do 2000 e 3 de febreiro do 2000) relativos á declaración do euskera como patrimonio cultural, rotulación bilingüe, toponimia; pero coa diferencia de estes dous concellos levaren anos solicitando a súa integración en Euskadi e de o euskera non estar recoñecido no Estatuto de Autonomía de Castela e León (Parajó / Costas 2001: 104). 37. Descartada a cooficialidade e, de momento, a implantación do galego no ensino, o concello da Veiga pactou coa Junta ?medidas de protección? da lingua galega, polo que contratou unha animadora cultural (licenciada en Filoloxía Galega), que vai impartir un curso de iniciación na Veiga, tal como informaba Manuel Darriba nunha ampla reportaxe sobre a situación do galego no Bierzo na edición electrónica de El Progreso de Lugo (3.3.2002). 38. Na administración municipal do concello de Lubián o galego vén sendo, desde hai anos, a lingua dos plenos deste concello, aínda que non o é das actas; por outra parte, nos bandos do concello emprégase o galego, a carón do castelán (Lubián Lubián 1992: 388). 39. Tal como se indicaba no portal do Bierzo de www.vieiros.com (14 de maio do 2001) nos días previos á aprobación da moción, a postura do Consello Comarcal é ?meramente testimonial e reivindicativa, xa que non ten competencias nas materias tratadas nin en casi ningunha, e o que se limita é a instar ás administracións autonómicas de Castela e León e Galicia?. 40. Os reunidos eran alcaldes e concelleiros dos municipios de Balboa, Barxas, Candín, Carucedo, Corullón, Hermisende, Lubián, A Ponte de Domingo Flórez, Trabadelo, A Veiga de Valcarce e Vilafranca do Bierzo; e representantes das asociacións culturais e de desenvolvemento económico Escola de Gaitas de Vilafranca, MDGB, Instituto de Estudios Bercianos, Asociación Fala Ceibe, Asociación para el Desarrollo Integral del Bierzo e Xente Nova de Sanabria. 41. No curso 198990 eran 27 os escolares dos lugares galegos de Quereño e Sobredo, moi próximos á raia da provincia de León, que acudían á Ponte de D. Flórez. Ademais, o 5% dos escolares bercianos dese centro eran galegofalantes, polo que a dirección do centro declaraba ó xornal de Ourense La Región (24.10.89, p. 15) que ?debería darse opción a estos estudiantes para que también pudieran acceder al conocimiento de su lengua materna?. Vid. tamén López Témez (1992: 80). 42. Cf. A Nosa Terra 775 (24.04.97), 3.
351
43. Cf. A Nosa Terra 855 (5.11.98), 12. 44. A redacción e revisión final das Normas foi realizada por Xosé Carlos Álvarez Blanco, Xoán Babarro González, Francisco Fernández Rei, Celso Martínez Fernández, Antonio Meilán García e Antón Santamarina Fernández. 45. Isto explica, por ex., que na formación do feminino dos nomes especiais apareza para can a forma cadela, pero tamén cuza e canza e para galo a forma galía 'galía'; que no paradigma do artigo apareza el, que no dos posesivos figuren tou e sou e nos pronomes persoais elos, por seren as solucións máis estendidas na Terra EoNavia. Pero formas coma estas levan ó seu carón as do galego común (o, teu, seu, estes, eles...), que son as usadas nos concellos asturianos de Santiso de Abres, Taramundi e as parroquias de Abres e Guiar (A Veiga) e nos Coutos (Ibias). Nos paradigmas verbais, sobre todo nos irregulares, propóñense ás veces formas exclusivas do galego de Asturias, sen o doblete do galego común; é o caso de fer 'facer', fía 'facía'; ouguir 'oír', uzco 'oio', uzca 'oia'; trer 'traer', tría 'traía'; valir 'valer', valio 'vallo', etc. E no relativo a grafías, acentuación... seguiuse a normativa vixente para o galego elaborada polo ILG e a RAG. 46. Autoría ?Grupo de trabayo prá investigación didáctica y normativa? formado por quince persoas baixo da dirección dos lingüistas José García García e Ignacio Vares García e a coordinación do Serviciu de Política Llingüística (Dirección Rexonal d'Educación). 47. A pesar das referencias ó galego, nesa Proposta de normas non hai unha definición sobre a adscrición lingüística desta área xeográfica, pois non se aclara se é zona de lingua galega ou de lingua asturiana. Os autores non teñen en conta na súa proposta o proceso de codificación gráfica do galego no século XX, ó empregaren o apóstrofo, ó non haber un criterio etimolóxico no uso das grafías b e v, ó usárense h antietimolóxicos (hoso, hirmao), ó aceptárense vulgarismos como correuto ou perfeuto, a preposición pa no canto de para, formas como verdá ou casualidá, participios en ao a carón de ado (cantao, cantado), etc. Emprégase ademais o y (abeya, trabayo), totalmente desterrado da grafía actual do galego, á vez que se potencian variantes fonéticas minoritarias (chía por chea, por ex.). En conxunto, pártese basicamente das formas da Mariña, ignorando as das outras zonas da Terra EoNavia. O obxectivo final é ?asturianizar? e, xa que logo, ?desgaleguizar?. 48. Para a problemática da estandardización e da reintegración das falas da franxa exterior no galego común vid. Santamarina (1992) e (1994b).
Nº 363