BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
21.
22.
23. 24.
25.
26.
27.
galego de Asturias, León e Zamora, como o Manifesto de Celanova (1989), os de Vilafranca do Bierzo (1990) e o de Grandas de Salime (1990), o que quere dicir que foi relativamente pouco o que se avanzou na normalización do galego estremeiro. Os devanditos manifestos poden verse en Fernández Rei (1992: 6873). Na introducción o autor, que é de Teixeira (concello ancarés de Candín) evita a palabra galego para se referir á lingua dos textos e da xente a quen llos recolle (?lenguas maternas diferentes del castellano?, ?nuestra lengua vernácula?, ?hablas bercianas? 2 veces ?lenguas vernáculas?...). A única referencia ó galego está nos criterios da edición onde se di que ?siguiendo un poco la ortografía gallega, se prescinde del fonema consonántico /y/..?, p. 11). Algunhas das conferencias destas Xornadas publicáronse no nº 24 (1998) de Estudios Bercianos. Revista oficial del Instituto de Estudios Bercianos, entre elas, a relativa ó trazado da fronteira do galego no Bierzo (Seco Orosa 1998) e a da análise da situación do galego nas comarcas estremeiras (Fernández Rei 1998). Vid. Fernández Rei (1991b: 56) e sobre todo López Mira (1998: 7492). Unha relación de xornadas, congresos, simposios e cursos do período 198971 en que estivo presente total ou parcialmente a situación do ?galego exterior? pode verse en Fernández Rei (1992: 4855). Inclúense tamén os realizados fóra de Galicia. A sección de Antropoloxía do Consello da Cultura que a comezos dos 90 programara os simposios Nos lindeiros da galeguidade ten no prelo unha monografía sobre o val leonés da Fornela, cun apartado sobre a lingua e particularmente o vocabulario dese val, con especial atención ó léxico de Guímara, fala de transición do galego ó asturleonés de onde parte o trazado da fronteira do galego en León trazada por Ana Seco. Esta proposta sobre ?A implantación do galego no ensino nas zonas galegofalantes de Asturias, León e Zamora? figura como apéndice documental en González Reboredo / Fernández de Rota (1991:173180), ademais de publicarse en 1991 nunha separata a cargo do propio Consello. Véxase tamén Santamarina (1994a). Para o ensino preescolar contemplábase dedicar ?tres horas á semana á aprendizaxe de adiviñas, cancións, contos, recitativos e expresión oral na lingua da comarca?, mentres que para o Ensino Xeral Básico se reclamaba introducir ?en tódolos niveis a disciplina de lingua galega, que nestes primeiros anos podería chamarse Lecturas galegas e expresión, con tres horas semanais (tal como se estableceu en Galicia na época da preNº 363
28.
29.
30. 31.
32. 33.
34. 35.
autonomía)?. Nesta primeira fase trianual, no ensino medio o estudio da lingua e da literatura galega sería opcional. O Consello propoñíalle ó MEC a creación de tres comisións, unha por cada provincia, cos seguintes membros: un polo MEC, un polo Goberno da CC. AA. limítrofe, un pola Xunta de Galicia, un por cada un dos concellos de fala galega desas comarcas veciñas, un por cada Mesa de Defensa da Lingua, un polas asociacións culturais da comarca e un polas asociacións de pais de alumnos. E ademais, cada comisión tería un representante do ICE da Universidade de Santiago, un do ICE de Oviedo para a comisión de Asturias e un membro do Instituto de Estudios Bercianos e outro pola Universidade de Salamanca para as comisións de León e Zamora, respectivamente. Así, Izquierda Berciana no seu programa marco aprobado no congreso constituínte (Ponferrada, 9 de marzo de 1991), no apartado 9 ?Patrimonio del Bierzo? consideraba a lingua galega da zona oeste como parte do legado cultural e artístico que hai que protexer e conservar, ó igual cós costumes, folclore e monumentos. Cf. La Voz de Galicia (28.09.95), 30. En 1994 Manuel Monteserín declaraba que ?todo aquello que sirva como reconocimiento de nuestra identidad será bienvenido. Por eso pienso que la iniciativa de enseñar gallego en las escuelas sería deseable; lo mismo que el que nos dieran la entidad de provincia, que buena falta nos hace porque estamos abandonados por León, por Valladolid y por Madrid. Lo que ocurre es que no por deseables las cosas son factibles, y pienso que pasarán muchos años antes de que consigamos algo. Aun así, no creo que haya un riesgo serio de que el gallego muera en El Bierzo. Los niños lo hablan hasta los cuatro años; después, por culpa del colegio, lo abandonan hasta los diez o los doce, pero a esa edad vuelven al gallego. En ese sentido, pienso que la escuela empobrece? (Rodríguez 1994: 43). Véxase ó respecto a reportaxe de Xan Carballa en A Nosa Terra 775 (24.04.97), 23. Ernesto López, da executiva do Partido del Bierzo, afirmaba que ?en nuestro programa electoral figuraba el bilingüismo docente y administrativo, y en ese sentido apoyaremos la propuesta de la Mesa [Mesa pra Defensa do Galego do Bierzo e da Cultura da Comarca]. Esa y todas las que se hagan para reconocer las peculiaridades y la entidad de El Bierzo como país? (Rodríguez 1994: 43). Cf. La Voz de Galicia (23.02.01) 23. Para as recentes reivindicacións lingüísticas no Bierzo e nas Portelas vid. Parajó / Costas (2001), especialmente pp. 102104.
350