Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
10.
11.
12.
13.
14.
Tapia (8º EXB e 2º BUP); Coaña, Eilao, El Franco, Grandas e Santalla de Oscos (8º EXB ); Ibias (8º EXB e 2º FP1); Taramundi (7º 8º EXB) e A Veiga de Eo (8º EXB, 2º BUP, 2º FP1); b) en León Cacabelos (2º BUP); Carucedo, Corullón, A Ponte de D. Flórez e A Veiga de Valcarce (8º EXB); e Vilafranca do Bierzo (8º EXB e 2º BUP); c) en Zamora Barxacova, Hermisende, Lubián e Porto (7º 8º EXB). Tódolos centros eran públicos, agás na Veiga de Eo (público/privado). A cifra total dos 18 concellos galegófonos da Terra EoNavia e dos catro das Portelas de Zamora obtivéronse dos datos do censo poboación a 1 de xaneiro do 2001 do servidor web do INE: www.ine.es. Nun inquérito realizado no curso 9495 no Centro Rural Agrupado TuelaBibei de Lubián apréciase que o galego é a lingua de expresión da práctica totalidade dos alumnos das Portelas, xa que o empregaban o 100% dos alumnos de Barxacova, de Chaos, das Hedradas, de Vilanova e de Pías; o 95% dos de Hermisende e o 90% dos de Lubián. Vid. Concha Rodríguez: ?Galego en Zamora?, A Nosa Terra 776 (01.05.97), 18. Antes de que se aprobase a lei de comarcalización do Bierzo, o Parlamento de Cataluña xa aprobara o Réxime Especial para o Val de Arán (Lei 16/90, de 13 de xullo de 1990), no que se lles garante a uns miles de falantes de occitano a oficialización da súa lingua propia, consonte co artigo 3.4 do Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979. As emendas foron rexeitadas na sesión do 28 de outubro dese ano. Apoiáronas os nacionalistas cataláns de CiU e os vascos do PNV e EA, e rexeitáronas o PP e PSOE, tal como informaba La Voz de Galicia (20.10.98), 6. No coñecido como Estatuto dos 16 (7 de abril de 1978) había unha Disposición adicional onde se estipulaba ?poderase incorporar á Comunidade Autónoma galega calquera territorio limítrofe de características históricas, xeográficas, económicas, culturais ou lingüísticas semellantes, de acordo en todo caso co artigo 141.1º da Constitución?. O Parlamento galego aprobou esa disposición, que logo foi rexeitada na Ponencia da Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados (López Mira 1998: 119120). A actual división provincial onde quedan fóra da Galicia administrativa as comarcas lingüisticamente galegas de Asturias, León e Zamora arrinca de 1833, a proposta de Javier de Burgos. En 1822, coa proposta BauzáLarramendi as Cortes españolas crearon a provincia do Bierzo, con capital en Vilafranca, esgazando daquela o Partido de Valdeorras, xa que cinco concellos
15.
16. 17.
18.
19. 20.
pasaron a esa nova provincia mentres que catro foron para o Partido ourensán de Viana do Bolo (López Mira 1998: 5758). Téñase en conta que na división eclesiástica a zona de Valdeorras aínda hoxe pertence á diocese de Astorga. Verbo da aplicación deste texto, o director Provincial do MEC en León manifestaba no semanario Les Noticies (13 d'avientu de 1998) que a idea inicial ?ye que l'asignatura seya impartida como optativa en tres o cuatro centros d'educación secundaria d'El Bierzu, y en concretu camentamos que los llugares más afayadizos sedríen en Ponferrada, Vilafranca, El Fabeiru y Torenu? (p. 11). Cito polo texto en galego de A Nosa Terra 966 (21.12.00), 15. En xaneiro de 1996, a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada realizou un inquérito entre o seu alumnado (1.500 alumnos) sobre as posibilidades doutras linguas; e destes unha ampla porcentaxe manifestou a súa inclinación cara ó estudio da lingua galega, tal como consta no escrito que no seu día a Directora da devandita Escola lle enviou ó Director Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. No escrito sinalábase que ó ser ?el Bierzo una zona fronteriza con gran influencia de la cultura y lengua gallegas, desearíamos nos informase sobre las posibilidades de acceder a acuerdos con la Xunta para recibir profesorado especializado?. En xaneiro do 2001 a mesma Directora enviaba unha cuarta carta (agora a matrícula eran 1.350) con contido e solicitude semellante á primeira. Segundo Parajó/Costas (2001: 104) a DXPL da Xunta de Galicia nunca respondeu. Na introducción da Memoria da I Xornada maniféstase a vontade de contribuír á dignificación e á normalización do galego na parte de León estremeira con Galicia: ?Esta Xornada da Cultura e da Lingua galegas no Bierzo está diseñada para crear unha dinámica anual de reflexión acerca da situación presente, pasada e futura do ente cultural galego no Bierzo, á vez de ir incidindo no ámbeto berciano para que vaian desenvolvéndose unha serie de actos que prestixen, e polo tanto, promocionen o uso do galego en manifestaciois públicas máis aló dos usos habituais nos que hoxe segue vivo o idioma: os círculos da fala familiar e da relación interveciñal? (Escola de Gaitas 1994:5). A IV Xornada (de momento a última, e esperemos que non sexa a derradeira) celebrouse o 28 de decembro de 1996. Cf. A Nosa Terra 883 (20.5.99), 14. O ?Decálogo de Salamanca? publicouse no xornal electrónico www.vieiros.com (14 de maio do 2001). Algunhas das medidas que se reclaman nese Decálogo dun xeito ou doutro xa figuraban en Manifestos aprobados en Xornadas sobre o
349
Nº 363