BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
xerais no galego popular, mesmo en falas orientais. Tamén é oriental xebrar, común ó asturiano occidental (di)xebrar, empregado con frecuencia no galego estándar no canto de separar, forma maioritaria xeograficamente e igualmente codificada. Ata o momento só se publicaron dúas propostas de normas para as variedades galegas das comarcas estremeiras, e as dúas para A Terra EoNavia. En 1990 a MDGA (Mesa prá Defensa del Galego de Asturias) publicou unhas Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias44, que pretenden ser ?unha norma del galego común asturiano, porque non pode haber unha norma prá fala da Veiga e outra prá de Tapia ou Ibias?, á vez que se considera ?necesario el sacrificio de soluciois particulares na busca dun estándar que recolla da mellor maneira a realidade falada nos diferentes concellos?45. Por outra parte, a Conseyería d' Educación de Asturias editou en 1993 unha Proposta de normas ortográficas y morfolóxicas del gal(l)ego asturiano46 que, tal como se sinala na introducción ?pretenden ofrecer á xente que quira escribir a súa fala, úa ferramenta cua que representar dafeito os sous rasgos (l)lingüísticos?. Consonte con isto, ?quixéronse dar us conseyos abertos y respetuosos cuas particularidades locales mais sin perder de vista as solucióis normativas del ga(l)ego y tamén del asturiano?47. Pretender ignorar que todas esas falas son do diasistema galego e, xa que logo, estudialas e estandardizalas á marxe da lingua galega común, é condenalas a seren unha reliquia esmorecente, unha curiosidade lingüística camiño dunha lenta e moi segura desaparición48. Non parece unha posición moi científica seguir defendendo, tal como se fai oficialmente en Oviedo, que na Terra EoNavia non se fala galego senón ?galegoasturiano? entendendo por tal non a variedade de galego falado en Asturias senón unha fala que nin é galega nin asturiana. E menos científico era a defensa que hai uns anos se facía dunha hipotética lingua berciana, mesmo para a zona galegófona. Á marxe da polémica sobre a súa implantación (voluntaria) no ensino, actualmente no Bierzo e en León fálase da existencia de lingua galega no Bierzo occidental; e o que preocupa, especialmente a ensinantes, é qué tipo de galego se debe levar ás aulas, por temor a que o galego estándar borre o as variedades galegas do Bierzo. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
ALBI (1996): Atlas Lingüístico de El Bierzo (ALBI). Vol. I. Léxico 1. Dirección de Manuel Gutiérrez Tuñón e coordinación de Alicia Fonteboa López. Ponferrada: Instituto de Estudios Bercianos. ALGa (1990)= Atlas lingüístico galego. Vol. 1: Morfoloxía verbal. Dirección de Constantino García e Antón Santamarina, coordinación de Francisco Fernández Rei. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega. ALGa (1995)=: Atlas lingüístico galego. Vol. 2: Morfoloxía non verbal. Dirección de Constantino García e Antón Santamarina, coordinación de Rosario Álvarez Blanco. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.
Nº 363
346