BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre Avilés de Taramancos no Día das Letras Galegas
que ser, neles recoñezo o meu sangue?, ese día, sen embargo, agrávase e finará en setembro, xa cando se tiñan ido. A chamada dos eidos fíxoselle a Avilés cada vez máis intensa e decidiu retornar definitivamente o 19 de abril de 1980. Veu só, co propósito de instalarse. Logo chamou pola súa muller e polos fillos, que chegarían en agosto, e establécese en Noia coa famosa 'Tasca Típica', despois de intentalo en Compostela co proxecto dunha librería ou dun pequeno bar de comida rápida ó que xa lle tiña pensado o nome de 'A sopa boba'. Asegurada a situación familiar, reincorporado á vida social, quixo integrarse tamén ó proceso de reconstrucción político e cultural da súa patria, nun comprensible desexo de intentar recuperar os anos da súa ausencia. O seu ideario galeguista e nacionalista e as súas fondas preocupacións sociais acercaríano ó BNG e colabora na creación de Esquerda Nacionalista, onde militará ata a fin dos seus días. Dentro da área municipal, dende 1987 desenvolveu unha incansable actividade como concelleiro de cultura, dotando á vila de Noia de centros tan notables como a EscolaObradoiro de Noia, a Casa da Cultura (hoxe co seu nome), o Instituto de Formación Profesional e como propulsor de importantes actuacións culturais: Asociación Cultural Catavento, Xornadas de Teatro na Escola, Homenaxe a María Mariño, Xustas Poéticas do Barbanza, Normalización Lingüística do concello noiés, revista Barbanza, Mostra Artesanal de Noia (ARTESANOIA), Universidade de Verán en Noia en colaboración coa Universidade de Santiago, funda a colección Verba que comenza, e toda unha serie de espléndidos logros tan só no escaso tempo dunha lexislatura. No plano literario, como primeiro paso, colaborou co grupo da revista poética Dorna e aceptou a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Logo recompila os seus poemas anteriores e colombianos e publícaos baixo o titulo de O tempo no espello (1982), no que se comprenden: As moradías do vento, A frauta e o garamelo, Poemas a Fina Barrios. Pequeno canto, Poemas soltos a Maricarme Pereira, xunto cos escritos alén mar, Os poemas da ausencia. Primeira parte e Os poemas da ausencia. Segunda parte, e Nova crónica de Ulises. Os anos de vida e de experiencia americanas, como era de esperar habían xurdir a borbollóns do seu temperamento esencialmente creador e, así, coa maxia da palabra exercida en todo o esplendor, entregounos os Cantos caucanos (1985), Premio da Crítica. Porque quizais unha parte do ser de Antón Avilés teña permanecido enfeitizado por aquelas inmensas xeografías, onde un tempo case que lendario semella estancar como unha lagoa entre os vastos recantos xeolóxicos, aquelas paisaxes idílicas de dolorosa realidade que tentan chegar a nós dende os seus versos, despregados en plenitude como cóndores en voo, convidándonos á sentir as terras e as xentes do Cauca, esa outra parte do seu corazón. Catro anos máis tarde Antón Avilés levou adiante o seu ?anseio? de lle dar á patria de nacemento un libro total, o seu libro das orixes, onde o poeta emerxe ó mundo dende
Nº 364 212