BOLETfN DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA 129
mais tam?n no mesmo falar do povo en comarcas da nosa terra
de pouco contaito con cidades populosas.
O segundo romance, que tampouco atopamos en ningunha
versi?n castel?, ? quizaves mais moderno, e mais defeituoso ta
m?n do q?e o primeiro; con todo, se xusgamos polo uso do ?
(con cedilla), non podemos duvidar tampouco de que non ha ser
moi recente; e poida dar tam?n que, no decorrer dos anos en
que foi trasmit?ndose oralmente, deb?u sofrir cecais elisi?ns,
troques d'algunhas verbas, e mesmo variantes, ata chegar . ao
que tivo a oportunidade de escoitalo e trascribilo, cousa fre
cuente como p?dese comprobar coa comparanza d'outros ro
mances ben co?ecidos dos que hai diversas variantes. Pero ndn
temos arestora indicio alg?n de cal ser?a a sua procedencia.
Desco?ecendo alg?ns, conxuntos de romances galegos dos que
sabemos que eisisten, como son os de Aleixo Hernandez, o do
Instituto de Musicolog?a, de Barcelona, e o de Alfonso Hervella
Courel que sab?amos pertenceu ao Seminario de Estudos Gale
gos, de Santiago, e que o noso irm?n Luis non logr?u ver nen,
polo tanto, ter en conta para o compreto do Romanceiro pubri
cado, non sabemos se estes dous romances, hoxe dados a luz
neste Bolet?n, figuran ou non en calesquer desas coleiz?ns; mas,
polo si ou polo non, velos ah? est?n.
Nas coleiz?ns de romances portugueses que consultamos e
posuimos tampouco achamos ning?n que poida emparellarse
con eles por algunha similitude.
LEANDRO CARRE