124 BOLETfN DE LA REAL ACADEMIA GALLE ?
A
Tenden no chan ricos panos
pr'a doncela se sentare,
e tran peites d'ouro fino
para ben a peiteare,
espellos de lu?da prata,
xoias '.con " que a engalanare.
Ma?anci?a de San Xo?n
cando quixo alborexare.
Dos seus cabelos de ouro
ao tempo de peitealos,
frori?as se desprend?an,
qu'eran un lindo. regalo
para ofrendare ao galane
que ? doncela se achegare.
Ma?anci?a de San Xo?n
cando quixo alborexare.
Aquel galane garrido
e fermoso coma un sole,
que ten de sair das augas
ao cantar do rousinole.
Ma?anci?a de San Xo?n
cando quixo alborexare.
O cantar das nove fadas
? cantar enmeigadore
que arrasta para os abisos
as lanchas dos pescadores,
que queren vela doncela
para ga?ar seu amore.
Ma?anci?a de San Xo?n
cando quixo alborexare.