BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudo
Os temores do autor non eran infundados pero non por iso deixaba de expresarse libremente sabendo sempre en contra de quen tiña que loitar. E déixao moi claro no prólogo da súa cartilla:
Escribo esta Cartilla Constitucional sin otra pretensión que la de contribuir por mi parte a la propaganda de los principios democráticos, hoy convertidos en preceptos legales, entre los niños de mi país. Sí, hijos míos: la democracia no es, como oiréis a muchos, el genio malo que todo lo destruye: la democracia es el ángel de la redención de todos los hombres en el orden político y social: no es impía, ni enemiga de los pobres, ni de los ricos, ni de nadie; por el contrario, declara iguales y hermanos a todos los hombres, y les reconoce libres por la Naturaleza [...].
Esta linguaxe de púlpito semella querer sinalar desde o principio os inimigos da Constitución. Non nos debe estrañar xa que logo que Paz Novoa tema pola posible condena dos párrocos. Desde unha actitude anticlerical, como ortodoxo liberal e republicano, non deixou de respectar a valía intelectual do seu compañeiro de claustro, Saco y Arce. Este benemérito estudoso e sacerdote, que chega a renunciar á súa cátedra por non ter que xurar a Constitución de 1869, sempre contou coa amizade e valoración intelectual de Paz Novoa. E non podía ser doutro xeito nun home que sempre mantivo a fe na democracia. 2. A CARTILLA CONSTITUCIONAL DE PAZ NOVOA O público agradecerá a publicación deste rarísimo exemplar de literatura política24, por varios motivos: por ser o seu autor o grande intelectual republicano Paz Novoa, por estar dirixido aos nenos das escolas coa intención de fomentar neles o amor á constitución de 1869 e, finalmente, porque é a única cartilla constitucional elaborada e impresa en Galicia durante o Sexenio. CARTILLAS E CATECISMOS POLÍTICOS EN GALICIA NO SÉCULO XIX Ademais do uso popular da palabra ?cartilla? como o pequeno libriño no que se aprendían as primeiras letras25 ou ?cartilla? como equivalente ao catecismo cristián26, durante o século XIX foise xeneralizando o uso desta palabra para titular aquelas obras queridas e publicadas para o gran público e nas que, en forma breve e sinxela, se pretendía comunicar algo de interese colectivo. Ante a ameaza dun brote epidémico, as institucións ou algúns médicos especialistas publicaban unhas cartillas de saúde dirixidas ao gran público para que tomasen as precaucións necesarias27. O mesmo sucedía cando ameazaba a filoxera as vides28, ou cando era preciso ensinarlles aos labradores un novo produto29, e tamén se chamaban así os tratados de agricultura para as escolas30. O campo da sanidade e tamén o militar, de tanto uso para o pobo, precisaban de ?cartillas? que aliviaran a complexidade da administración31. Tamén, ás veces, as DeputaNº 366 310