BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
rosos20 do Centro Betanzos porteño. A composición da partitura, inspirada en textos de Varela e baseada na Guerra Civil21, foi iniciada xa en 1973, mais a morte do poeta motivou que López García interrompese o seu labor. Oito anos máis tarde, o compositor declaraba que se propoñía retomar o citado proxecto para darlle fin22. A mesma información foi recollida por Xoán Manuel Carreira en 198823 e aínda por Neira Vilas en 199524. Máis de tres décadas despois de ser iniciada, a sobredita cantata non foi estreada publicamente, nin sequera no ano en que Lorenzo Varela é homenaxeado no Día das Letras Galegas. En puridade, nós descoñecemos se López García rematou a súa peza ou se, como sospeitamos, esta permanece inconclusa no arquivo do propio creador. Polo tanto, celebrariamos que alguén se interesase polo dito particular, por canto a exhumación e a análise dos froitos artísticos suscitados pola poesía de Lorenzo Varela son tarefas plurais que deberían ser desenvoltas por investigadores non necesariamente vinculados á mesma área de coñecemento.
NOTAS
1 2 Seoane, Luís, María Pita e tres retratos medioevales, Buenos Aires, Resol, 1944. Pena, X[osé] Ramón, ?Na Galiza de AlénMar: Lorenzo Varela e Luis Seoane?, La Voz de Galicia, 20V1979, Supl. ?Letras Galegas?, s.p. Preguntado en 1955 polo motivo que o levara a poñer música ás composicións de Varela, Bautista respondeu o seguinte: ?Es posible que haya habido algún oculto impulso atávico... Pero aparentemente sólo obró en mi ánimo la belleza de los poemas de Varela, su gran fuerza expresiva, su carácter heroico popular. Y, sobre todo, la gran musicalidad del idioma gallego cuando está manejado por un gran poeta? (?Reportaje a Julián Bautista?, Galicia Emigrante, 12, xuñoxullo de 1955, p. 23). Bautista, Julián, Catro poemas galegos, gravados de Luís Seoane, textos de Lorenzo Varela e versión inglesa de William Shand, Buenos Aires, Editorial Argentina de Música, 1951. Existe un facsímile con limiar de Xosé Luís Axeitos: SadaA Coruña, Ediciós do Castro, 2004. Xulgamos que entre ambas as edicións aínda puido haber outra, ignorada polos estudosos da obra de Varela. En 1981, a revista Grial facíase eco da seguinte nova: ?Remata de se publicar en Buenos Aires, pola 'Academia Nacional de Bellas Artes', unha fermosa e coidada edición monográfica en homenaxe a Luis Seoane. Encétase cun documentado estudo sobre o artista firmado por Tomás Alva Negri. [...] Despois deste intelixente estudo de Alva Negri, a fermosa edición inxire unhas moi compridas notas biográficas; un ensaio de Córdona [sic] Iturburu sobre 'Luis Seoane, muralista'; e unhas belidas cancións de Varela sobre os grabados en madeira do artista [a cursiva é nosa]? (?Homenaxe da Arxentina a Luis Seoane?, Grial. Revista galega de cultura, 74, outubrodecembro de 1981, p. 525). No programa do concerto celebrado na ?Sociedad de Cámara de Buenos Aires? (27VIII1954), o compositor arxentino Roberto García Morillo salienta que Bautista finalizara en 1946 as súas obras Fantasía española e Catro poemas galegos (citamos polo artigo ?Una de las obras más importantes de la música peninsular actual es sobre temas gallegos?, Galicia Emigrante, 4, setembro de 1954, pp. 1718). Posteriormente, o crítico musical Jorge de Persia atoparía un orixinal manuscrito datado en febreiro de 1946 (Persia, Jorge de, Julián Bautista. Tiempos y espacios, Madrid, Biblioteca Nacional, 2005. Consultamos esta información no volume de Carlos M. Callón Torres Unha historia que nos pertence. A poesía en galego de Lorenzo Varela, Vigo, A Nosa Terra, 2005, p. 85).
3
5
4
Nº 366
38