Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
mento de Bautista, só podería ser a realizada no concerto celebrado no Centro Lucense de Buenos Aires. Á vista do antedito, xurdiron unha serie de incógnitas ás que co decorrer do tempo puidemos dar unha resposta lóxica. ¿Que agrupación podería representar no Centro Lucense Catro poemas galegos, obra vocal e instrumental? Precisaríase unha orquestra e o Centro Lucense posuía a súa propia. A mediados da década dos sesenta, baixo a denominación de Banda Sinfónica de Galicia e coa dirección de Xosé Pazos, algunhas gravacións da referida agrupación filharmónica serían editadas polo mencionado Centro16. Con estes datos, xa era plausible para nós situar unha posible execución da obra de Bautista (e, asemade, a súa gravación) a cargo do grupo musical da susodita entidade galega. Os únicos cabos que restaban por ligar eran a data da representación e a posible comparecencia do mestre Del Royo á fronte da orquestra. Partindo do convencemento de que a interpretación á que fai referencia Seoane non pode ser ulterior ó oito de xullo de 1961 (data da morte de Bautista), procuramos os inicios da Orquestra de Cámara do Centro Lucense. Ó actuar así, demos coa solución ós interrogantes implícitos no testemuño de Seoane, posto que a presentación da dita orquestra tivo lugar o vinte e cinco de novembro de 1960 na sede social da referida entidade galega. No programa desa gala figuraban os ?Cuatro poemas gallegos? [sic] de Julián Bautista. E nesa ocasión, a batuta foi cinguida polo mestre Faustino del Hoyo (non Del Royo como figura na tradución do texto de Seoane), quen alternaba a dirección coa docencia no Conservatorio Nacional ?Carlos López Buchardo?. Do espectáculo ofrecido aquela noite deu cumprida noticia no seu momento o órgano de prensa do Centro Lucense, crónica da que entresacamos os seguintes parágrafos:
Brillante éxito alcanzó la primera presentación de la Orquesta de Cámara del Centro Lucense, llevada a cabo el 25 de noviembre en su sala teatro. Fue un acto de alta jerarquía artística que contó con numerosa y calificada concurrencia. Dicha orquesta, integrada por competentísimos elementos y bajo la muy acertada dirección del prestigioso maestro Faustino del Hoyo, ofreció un magnífico concierto de música gallega de gran categoría. Algunas de las piezas interpretadas fueron facilitadas por el Centro Galle[g]o de Buenos Aires provenientes de sus concursos anuales de música, a saber: El Scherzo gallego ?De Pandeirada?, ?Fuga sobre tema galego? e ?Pequeña sinfonía? construída sobre temas gallegos. Además de ello fueron interpretadas las piezas siguientes: La suite ?Chucurruchú? de Antonio Iglesias Vilarelle, la balada gallega ?Negra sombra? de Juan Montes y los ?Cuatro poemas gallegos? de Julián Bautista (?María Pita?, ?O touro?, ?A Ruy Xordo? y ?María Balteira?) compuestos sobre poemas de Lorenzo Varela y éstos inspirados en dibujos de Luis Seoane. En ?Cuatro poemas gallegos? intervino la mezosoprano Carmen de la Mota ?voz magnífica y bien disciplinada? que brindó magistral interpretación de los bellos poemas de sabor medioeval17.
Á parte dos Catro poemas galegos18 e dalgunha outra adaptación puntual19, a poesía de Varela inspirou un proxecto musical que inda hoxe agarda a atención que lle faga xustiza. Referímonos á obra para orquestra sinfónica ?Cantata para un pueblo heroico? do mestre Carlos López García (Betanzos, 19X1922), antigo director do coral Os Rumo37 Nº 366