BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
lla apropiado incidir na reprodución que dos sobreditos datos fai Callón Torres, quen cita pola súa vez a Salgado (e non a Seoane) como fonte. Ora ben, ninguén reflexionou verbo do sentido das declaracións de Seoane ou dubidou publicamente da fidelidade da tradución recollida na mencionada escolma. Nós, tras examinar con espírito crítico o que hai de certo nas afirmacións que nos chegaron respecto das representacións dos Catro poemas galegos en chan porteño, hoxe estamos en condicións de ofrecer unha interpretación que difire parcialmente das achegadas con anterioridade polos estudosos da obra de Varela. Seguindo a tradución referida, Seoane manifesta o seguinte: ?Esta obra que se estreou en Buenos Aires logo do Festival de Amsterdam, foi executada polo mestre Del Royo e está próxima a saír en disco?12. É rigorosamente certo que a obra de Bautista fora presentada en terras arxentinas pouco despois de facelo en Amsterdam. Do acto celebrado en Buenos Aires existe unha crónica no diario Nueva Gaceta (20X1949), na que se destacan las palabras engarzadas en la bella voz de Carmela Giuliano. Co que xa non podemos concordar é con que os Catro poemas galegos fosen estreados baixo a guía do mestre Del Royo. No número catro da revista Galicia Emigrante publícase un artigo sen asinar (que, coidamos, é froito da pluma de Luís Seoane) no que se dá noticia da que é a segunda representación que coñecemos dos Catro poemas galegos na capital do Plata, unha velada que tivo lugar o vinte e sete de agosto de 1954 no Teatro Ateneo de Buenos Aires13. Os intérpretes foron a ?Sociedad Argentina de Música de Cámara? e, de novo, a cantante Carmela Giuliano, encargándose da dirección o propio Julián Bautista. Tampouco aquí desempeña papel ningún o misterioso mestre Del Royo mencionado por Seoane. Aínda en relación coas palabras de Seoane, hai outras cuestións de interese. Unha execución da obra está próxima a saír en disco. ¿A que interpretación dos Catro poemas galegos se refire Seoane? ¿Fala acaso da representación de 1949 ou, se cadra, da de 1954? Todo parece indicar que non, que o acontecemento ó que Seoane alude é outro, no que a condución da orquestra é responsabilidade do mestre Del Royo (músico sobre o que, convén dicilo xa, non atopamos ningunha referencia logo de moitas pescudas). Por outra parte, procuramos infrutuosamente na prensa da emigración e do exilio recensións relativas a algunha outra execución das partituras de Bautista na Arxentina distinta das anteriormente sinaladas entre 1948 e 195414. Amais do xa exposto, Seoane escribe o seguinte: ?A quen escoitou no Centro Lucense Catro poemas galegos, durarálle para sempre o engado desas notas sobérbias, rigurosas e evocadoras do grande músico que ven de ser enterrado en Buenos Aires, producindo unha nova dor ao desterro español?15. Faise obvio que o intelectual galego dá testemuño dunha execución posterior a 1954 e ofrecida na devandita entidade galega. Chegados a este punto, reflexionamos que a gravación da obra que, supostamente, tería que ver a luz nunha data próxima á que Seoane redacta o seu texto co gallo do pasaNº 366 36