Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Figura 11. Fragmentos de ara procedentes do santuario de Donón. Museo Quiñones de León de Vigo.
ción das mesmas, asinada por Bouza Brey, en compaña de Álvarez Blázquez e Enrique Massó, faríase esperar ata o ano 1971, onde vería a luz dende o vol. XXVI de Cuadernos de Estudios Gallegos, co título de ?Las Aras del santuario galaicoromano de Donón (HíoCangas)? (Bouza Brey; Álvarez Blázquez e Massó Bolibar 1971; Méndez Quintas 2008b: 189206). No veciño concello do Porriño, Álvarez Blázquez volverá dar con outro gran xacemento arqueolóxico, estamos a falar da cista de Atios. Esta aparece por mor dunhas obras de ampliación dunha das canteiras de arxila da zona no verán de 1967. O seu descubrimento debémosllo a outro dos nomes importantes da arqueoloxía da comarca, Pelayo Fernández, que, coma noutras ocasións, púxose en contacto inmediatamente con Álvarez Blázquez. Trala visita ao lugar, ao día seguinte, inician a pertinente escavación. Estaban ante un descubrimento sensacional, xa que se atopaban perante un dos poucos enterramentos deste tipo que podía ser escavado cientificamente. Os traballos permitiron documentar un completo enxoval metálico, composto por unha espada curta e unha puñal de cobre, dous cilindros de ouro e dúas espirais (unha desaparecida) de prata. O artigo, como non podía ser doutro xeito, publicouse pouco tempo despois (1970), en compaña de Fernando Acuña Castroviejo e Carlos García Martínez dende as follas do vol. XXV da revista Cuadernos de Estudios Gallegos, titulado ?Cista y ajuar funerario de Atios (Porriño)? (Acuña Castroviejo, Álvarez Blázquez e García Martínez 1970; Méndez Quintas 2008b: 115132).
Nº 369
177