BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Figura 9. Portada das actas do III Congreso Nacional de Arqueología de 1953, na que Álvarez Blázquez publica a primeira noticia sobre o conxunto epigráfico da rúa Hospital.
AS ARAS DE DONÓN E A CISTA DE ATIOS Ao longo da década dos 60 e 70 Álvarez Blázquez, a pesar da súa intensa actividade cultural noutros eidos, non ?baixou o ritmo? nos seus estudos sobre prehistoria e arqueoloxía. Como mostra disto, nesta época Álvarez Blázquez participa do descubrimento e estuda o conxunto de aras romanas do santuario romano do Facho de Donón (Cangas). Descubertas a comezos dos anos 60 por Pedro Díaz e os irmáns Massó e tras un ?aparatoso? rescate, pasan a instancia de Álvarez Blázquez, a formar parte dos fondos do Museo Quiñones de León de Vigo, onde se atopan actualmente. Este conxunto de aras ten a particularidade de estar dedicado a unha deidade chamada BREO ou BEROBREO de orixe indíxena, que perduraría en forma de santuario en pleno período romano. A publica
Figura 10. Instantánea do traslado das aras do santuario romano de Donón ao Museo de Castrelos.
Nº 369
176