BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
2
3
4
5
6
7
I/Universitat de València. Servei de Publicacions, Bellaterra; Castelló de la Plana; València, 1999. Para estes asuntos, Vid., por exemplo, John L. Austin, Cómo hacer cosas con las palabras (How to do Things with Words, 1962), traducción ao castelán de Genaro R. Carrió e Eduardo A. Rabossi, Barcelona: Paidós, 1988; John R. Searle, Actos de habla. Ensayos de fisiología del lenguaje (Speech Acts: An Essay in the Philosophie of Language, 1969), traducción ao castelán de VCM Arizmendi e M. Hernández Esteban, Barcelona: Planeta, 1976. Vid., por exemplo, John M. Ellis, Teoría de la crítica literaria. Análisis lógico (The Theory of Literary Criticism, 1974), Madrid: Taurus, 1987. Bordearon e mesmo penetraron con agudeza este e parecidos problemas, estudiosos como Antón Figueroa (Diglosia e texto, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1987; Nación. literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2001) ou X. GonzálezMillán (Literatura e sociedade en Galicia (19751990), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994, entre outros. Vid. Salvador GarcíaBodaño, ?Noticia de Avilés de Taramancos?, Grial, 31, 1971, pp. 6366. As novas cartas a GarcíaBodaño, así como os epistolarios de Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Neira Vilas, etc, a que podemos acceder agora a través do libro preparado por Aurora Marco baixo o título Avilés de Taramancos. Un franco tirador da beleza (Noia: Toxosoutos, 2003) permítennos ir completando aspectos da vida e personalidade do poeta que descoñeciamos ata o de agora. Por exemplo, o calvario de desenganos que cruzou cando Fina Barrio o abandonou, ou a consciencia ou o remoroso de ter sido durante moito tempo un home inseguro, inmaduro, irresposábel, etc., todo o cal nolo sitúa na dimensión da normalidade biográfica na que el quería volver situarse. Para unha relación exhaustiva das colaboracións de Aviés de Taramanocs nesta revista barbanzana, vid. Blanca Roig e Pilar Sampedro, Antón Avilés de Taramancos, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2003, pp. 34 e ss. Poucos meses despois da morte do poeta, escribín acerca do abraio que aquelas cartas (cando menos sobre algúns universitarios galeguistas que no momento de Salvador GarcíaBodaño recibilas estabamos perto del) causaron en nós, mozos e mozas estudiantes dos primeiros cursos de Filosofía e Letras á altura de 1970. Dicía eu alí: ?A los jóvenes contertulios de GarcíaBodaño, el nom
bre de Antón Avilés de Taramancos, de quien las noticias seguirían llegándonos salpicadas e inciertas, no se nos borraría ya nunca por su extraña eufonía, pero sobre todo por el asombro que nos había producido el contenido de aquellas cartas y la potente expresividad de una prosa que se hace literaria en su intento sincero de transmitir vivencias inefables, ausencias dolorosas y arraigos inolvidables?. Vid. Anxo Tarrío Varela, ?Avilés de Taramancos: noticia final?, Ínsula, 546, junio 1992. Por outra parte, o feito de ter adoptado Avilés o pseudónimo Ulises Fingal ,que utilizara o pintor e gran amigo del, Urbano Lugrís, abriu ou afondou máis a dimensión epopeica do noso poeta, creando todo un mundo intertextual co texto de Homero, no que as súas aventuras en Colombia equivalen ás de Odiseo, Galicia equivale a Ítaca e mesmo á propia Penélope, cun bucle intertextual agora co famoso poema de Díaz Castro (?Un paso adiante i outro atrás, Galiza,?), etc. Cando en maio de 1990 redactei, a partir dunha conversa na Tasca Típica de Noia co propio Aviles, a nota biobibliográfica que aparece en rodapé no número 3 do Boletín galego de literatura (p. 147), tampouco non puiden evitar deixarme arrastar pola lenda e polo engado do personaxe e, no canto dunha nota aséptica e simplemente informativa como é adoito facer na revista, compuxen unha peza literaria que, mal que ben, era froito desa imaxe que tiñamos do poeta. Doutra banda, as alusións a François Villon ou a Rimbaud, que aparecen salferidas aquí e alá nalgúns escritos del (como ben é sabido, no derradeiro e póstumo poemario mesmo inclúe no título elixido por el, Última fuxida a Harar, unha alusión á cidade etiópica na que estivera Arthur Rimbaud) contribuíron tamén a un claro proceso de epización que arrastaría Avilés de Taramancos ata máis alá da súa morte. 8 Poden consultarse deste autor os seguintes traballos: Le Pacte autobiographique, París, 1975 (traducción ao castelán de Ana Torrent, Madrid: MegazulEndymion, 1994); Je est un autre. L'autobiographie, de la littérature aux médias, Paris: Seuil, 1980; Moi aussi, Paris, 1986. 9 ?Logic and conversation?, en P. Cole e J.L. Morgan (comp.), Syntax and Semantics, 3: Speech Acts, New York/Londres: Academic Press, 1975, pp. 4158. Cit. En Equipo Glifo, Diccionario de termos literarios (AD), Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1998, voz ?Autobiografía?. 10 Vid. Elisabeth Bruss, ?L'autobiographie condiderée comme acte littéraire?, Poétique, 17, 1974,
Nº 362
200