Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O escritor pode ser a conciéncia dun povo que disfrute a plenitude das suas facultades. Mas cando ese povo é sometido secularmente, cando anda atoutiñando para saír da escuridade é, ademais da conciéncia, unha ascua de luz que alcende no rescoldo ancestral onde as sinais própias están limpas e se poden facer brillar diante dos ollos da memória para vivir con ardentía o afán que o impulsa e xustifica. E cando o escritor cria mitos ou recolle antigas lendas ou cria mundosespello que se ven e estimulan os roteiros a seguir. (...) O escritor ten que ser quen erga o tambor e a bandeira e quen esperte noite e día a aqués que se adurmiñan a carón dun lume ficticio que os fai morrer de friaxe (...) Aquí estamos para que a nosa voz resoe no coro do universo. Temos que ir abrindo cos cóvados o espácio arelado. Mentras tanto a nosa canción temos que decila desde todas as frentes para que a multitude saiba que existimos (63).
Pero Obra viva ten dúas dimensións fundamentais: por unha parte, a recuperación da memoria a partir de semblanzas literarias de personaxes da cultura cos que mantivo contacto, ás veces fugaz (Álvaro Cebreiro, Álvaro Cunqueiro, os irmáns Carré Alvarellos, Pablo Neruda, Charles De Gaulle, etc.) ou simplemente textual (Manuel Antonio) e de experiencias vividas por Avilés nos eidos da arte, da literatura e da vida, tanto da etapa noiesa adolescente coma da xuvenil coruñesa, e por outra o frescor das crónicas do acontecer cotiá dende a súa volta de Colombia, tanto as que se refiren ao máis próximo da vila noiesa coma as que se reflectían na prensa de todos os días, que el aproveitaba para introducir o seu ferrete crítico e sardónico sobre todo cando glosaban a ineficacia dalgúns axentes sociais, funcionarios, corporativos ou políticos, ou a frivolidade de certos personaxes da jet set, a quen dedicou memorábeis dende as súas columnas de Barbanza, non sen problemas de papelame xudicial, como quedou dito antes. E xa para rematar este traballo velaquí unha das dimensións de Avilés que cómpre reivindicar, pois é posibel que as semblanzas e os estudios ?serios? da súa persoa e da súa obra que se están a dar a luz nestes momentos, debido ao protagonismo que gañou con motivo das Letras Galegas 2003, perpetúen unha imaxe do noso poeta por demais atormentada e patética, cando o certo é que Avilés de Taramancos foi un home vitalista e cheo de sentido do humor, como o demostraba no día a día conversando cos amigos ou nas crónicas de actualidade que escribía na citada revista Barbanza, onde publicou columnas antolóxicas que, debido á súa gracia, aínda son motivo de rememoración e comentario hoxe en día entre as xentes de Noia e entre os que tiveron acceso á súa persoa, que foron lexión.
NOTAS
1 Vid. Albert Chillón, Literatura y periodismo. Una
tradición de relaciones promíscuas, Barcelona: Universitat Autònoma de Barcelona. Servei de Publicacions/Publicacions de la Universitat Jaume
199
Nº 362