la meteuse no mundo dos vellos documentos, e obtivo deles proveitosos resultados. Deu a coñecer na Biblioteca Gallega, fundada por Martínez Salazar, compañeiro e amigo, o libro Los Pre c u r s o re s. Foron moitas outras as tarefas que o gran patriota desenvolveu, rexistradas cumpridamente nas páxinas deste volume conmemorativo. Entre elas, goréntanos lembralo influxo que exerceu na producción poética de Rosalía e de Pondal. Ou o que supuxo o seu memorable discurso nos Xogos Florais de Barcelona do 1890. Discurso que lle valeu o nomeamento, en acto solemne, de Mestre en ?Gay Saber?. Polo seu labor de creación e pescuda, gañou merecido prestixio. Converteuse no principal e máis respectado animador dos grupos intelectuais que, en Galicia, traballaban polo renacer da propia cultura. Foi tamén dono dun estilo de seu. Para coñecer ese estilo cómpre lelos retratos de Los Pre c u r s o re s, as evocacións das paisaxes, a dos tempos primitivos. Aquelas páxinas lenturecidas de brétemas orixinarias. Páxinas das que alguén dixo ?que a visión nelas do pasado galego ten a vida saudosa e prometedora dos longos outonos nas nosas campías?. Co gallo de presentar este mollo de estudios, tan ilustrativos e documentados, sobre a figura e a obra do Mestre, comprácenos rememoralos días finais como primeiro Presidente da Real Academia Galega. Na súa longa andadura de dezaoito anos á fronte da corporación, deixou nela un calco indeleble. Imaxinamos sempre no seu ser, non a vellez ricaz, chea de naturalidade, aberta ante o mundo, perante tódalas inquietudes do seu país que tanto amou e, polo que traballou sen acougo.