Comezou a súa carreira nas letras facendo versos. Nas horas mozas, decorridas no ambiente de Madrid, alá polos anos 1854, 55 e 56, aflorou a súa vocación lírica. Nesa época alumou unha serie de poemas, na que acreditou fina sensibilidade. Tiña a penas dezaoito anos cando escribiu o ?Madrigal?. En ?La flor y el aire?, ?A una paloma?, ?Gloria?, revelou delicadeza e tenrura. Encetou con eles o seu canto, con nobreza e sinxeleza. Aínda no gaguexo do primordial manifestouse un pequeno deus agachado que fornecía vida á inspiración. Cando Rosalía, chegada a Madrid na primavera do 1856, leu nunha tertulia o seu poema ?La flor?, Murguía fíxose eco da valía lírica da autora. Animouna para que cultivase a poesía na fala natal. Así, tres anos despois, xurdiron os seus primeiros versos en lingua galega. Daquela agachou Murguía a súa lira, para que soaese só a da Cantora do Sar. Co casamento apagouse, quizais deliberadamente, a voz lírica, a penas alzada, do Precursor. Xa adquirira este relacións literarias, mesmo políticas, que o axudaran a se abrir camiño en plena mocidade. Colaboraba arreo en revistas e xornais. Foron aparecendo breves novelas súas en folletíns, e unha chea de artigos de crítica literaria. Eran tempos nos que a personalidade do escritor ía cobrando perfil. En La Ibería publicou o seu primeiro relato novelístico, Desde el cielo. En La Oliv a aparecía, en folletín, Crónicas de Galicia. Don Diego Gelmíre z. Bulía xa, no futuro historiador, a idea da Historia de Galicia, que estaba por facer. Salientaba os precedentes ofrecidos polo P. Sarmiento e Cornide Saavedra. Amosouse Murguía dono do segredo dunha fermosa prosa. Unha prosa evocadora, musical, suxerindo máis que expresando. Os seus coetáneos considerárono mestre dos ensaios de poesía lírica e prosa rítmica. Pero a obra murguiana sobranceou por outros motivos: Polos da súa entrega ó revitalizamento dos valores autóctonos. Despois do seu casamento con Rosalía, o matrimonio regresou a Galicia. O espírito do país foise adentrando na raíz dos seus sentimentos. Entregouse de cheo, e para sempre, á obra do Rexurdimento galego. Converteuse de súpeto en erudito. Publicou o Diccionario de escritores gallegos. Editou o primeiro tomo da Historia de Galicia. No prólogo e no ?discurso preliminar? perfilou un doutrinamento que vigoraría máis tarde nos tres sucesivos volumes. O ingreso no Corpo de Arquiveiros e Anticuarios levouno a desempeñala Xefatura do Arquivo Xeral de Simancas, e posteriormente o de Galicia. Daque