Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Mediante as fontes clásicas, Sarmiento ao igual ca todos os anticuarios dende o século XV obtiña informacións esenciais acerca das antigüidades galegas: a presencia en Galicia dos gregos e dos celtas; as navegacións de fenicios e cartaxineses polas costas galegas; o proceso da conquista romana; os nomes dos pobos que habitaban o territorio ao chegaren os romanos; a organización administrativa imposta por Roma; o trazado das vías de comunicación e a xeografía antiga. Polo tanto, os escritores da Antigüidade constituían para os anticuarios de entón o material indispensable para as súas angueiras, os alicerces a partir dos cales encetar as pescudas nos tempos antigos de calquera cidade, rexión ou reino de Europa. Por este motivo Sarmiento laiábase ás veces de que en España faltase aínda unha recompilación de todas as noticias contidas nos textos clásicos referidas a Hispania, semellante a aquela de que xa dispuñan os franceses en relación ás Galias. Noutra ocasión aseguraba que o coñecemento dos escritores antigos máis fiables e seguros era indispensable para poder eliminar das Historias de España as pegadas dos ?falsos cronicóns? que el tanto desprezaba. O uso das fontes clásicas ía parello á lectura dos autores medievais e modernos que trataran sobre as antigüidades hispánicas e galaicas: Afonso X, Rodrigo de Toledo, Margarit, Ocampo, Morales, Mariana, o licenciado Molina, Sandoval, Castellá, Gándara, Huerta... No manexo de todos eles Sarmiento recomendaba ter moita prudencia, por mor da multitude de erros que contiñan, quer por ignorancia, quer por intereses varios, quer por tiraren partido dos ?falsos cronicóns?. En calquera caso, frei Martín aconsellaba sempre acudir ás fontes máis antigas os textos clásicos e aos documentos orixinais inscricións, moedas, manuscritos, toponimia, vestixios arqueolóxicos no intre de investigar as épocas máis recuadas da historia peninsular. E así, en relación coa xeografía antiga, aseguraba: ?Y desengañense los que para estos asuntos se valen de libros modernos, que todo lo que en ellos se dice no baya apoyado con libros antiguos, y con una analogía de las voces, ó es patraña fingida ó es necedad mal imaginada; ó es un error de cal y canto? (6). Porque os anticuarios, e Sarmiento non era nisto unha excepción, tiraban partido doutras fontes de información que combinaban cos textos clásicos e que servían para aclaralos e para completalos. Neste aspecto do seu labor residía a principal contribución dos anticuarios ao moderno método histórico. Un amplo abano de testemuños (materiais ou inmateriais) que proviñan directamente dun lonxincuo pasado formaban parte do material básico do anticuario para o estudio das antigüidades e servían para deitar novas luces que explicasen aquelas cuestións que se presentaban escuras ou incompletas nas fontes clásicas, ou ben que estaban simplemente ausentes. Ao longo das páxinas que Sarmiento dedicou a reflexionar sobre as antigüidades pódese dexergar como seguía o ronsel dos métodos que artellaran os anticuarios dende o século XV. Inscricións e moedas antigas; ruínas de edificios, restos de vías romanas e outros vestixios arqueolóxicos (monumentos megalíticos incluídos); a toponimia e a supervivencia de palabras proce157 Nº 363