BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
vísimo poemario de transición no que o ?Limiar? imita (en ton, metro e linguaxe) as oitavas reais (aquí sen rima) dun poema épico no que o heroe, o ?varón famoso? non é senón ?o pai Ulises?, xa citado polo poeta en Os poemas da ausencia e obxecto dunha ?fusión mítica? que leva ó extremo a identificación de Avilés co personaxe de Homero. Antón Capelán, nun ben traballado artigo17, deu conta con detalle deste feito. En calquera caso, o ?lobo do deserto?, a ?besta acoitelada? pola saudade da terra ausente ?a súa ?raíz umbilical?? xa está na súa terra, como Ulises, consciente sen embargo de que, despois de vinte anos, ?outros son os navíos, outros mares / os que cruzas??, pero, aínda así, coa vontade clara, dende o seu permanente soño liberador da terra, de empeñarse na loita ??eu son o teu soldado mais forte?? asumindo o papel comunitario do pobo. Cómpre falar aquí ?aínda que xa se debería facer tras da lectura de Os poemas da ausencia (en especial da súa segunda parte)? da voz épica ou épicomítica do poeta e, así mesmo, do seu acento profético cando albisca o futuro da súa terra, do seu pobo. Neste terreo tense falado da pegada das altas voces de Pablo Neruda ou Walt Whitman, que alzan o seu canto telúrico e asumen na súa voz o destino dos homes e dos pobos. Percorrendo, en fin, estes poemas, advertimos que ?Hai que matar a Supermán? está na liña do catastrofismo premonitorio dalgúns poemas finais do anterior libro, coa denuncia da aterradora ameaza nuclear personificada no ?paxaro da morte? creado polo ?home de Minessotta? e simbolizada tamén en Supermán, mito norteamericano rexeitado e maldito dende unha declarada postura denunciadora. Os ?Poemas do regreso? amosan de novo a saudade, agora polas terras colombianas de exilio. En ?Itaka? está máis que suxerida a soidade, o abandono do que retorna e só atopa ?un can vello e xordo? como signo do naufraxio. Pero é no ano 1985 cando aparece o poemario ?Cantos caucanos? que vai consagrar a Avilés de Taramancos como un poeta de relevo. A edición do citado ano, definitiva, estivo precedida por outra do autor en Círculo Aberto e contiña os poemas escritos no bienio 198384. Agora complétase coa sección ?Crónicas? datada en 1985. A primeira ?e máis ampla? parte do libro son os ?Cantos caucanos?: doce composicións que, na súa maior parte, constan de dous ou máis apartados. Inspirados ?no ámbito do Cauca? estes poemas americanos ofrecen unha visión do colombiano na súa natureza e paisaxe, na música e literatura, no seu pasado mítico e na súa loita de liberación e aínda no gastronómico. Isto último, patente na ?Fórmula secreta do sancocho do Cauca?, un soneto (volve ó poeta a poesía rimada) que, na súa temática, lembra a Neruda ?o das Odas elementais (1945), prolongadas en dous libros posteriores? e que presenta un convincente remate eróticohumorístico. Engadamos, como curiosidade, que polo gastronómicoeróticopsicolóxico anda o novelista colombiano Héctor Abad Faciolince, que vén de publicar un moi orixinal Tratado de culinaria para mujeres tristes onde revela receitas en verdade sorprendentes.
Nº 364 16