Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
to épico. Tamén ?universal? denuncia o terror, a premonitoria hecatombe dos experimentos nucleares promovidos polos ?gringos? e os seus ?aparellos terroríficos?. Posto na disxuntiva, o poeta elixe o pasado mítico, a terra e a natureza, a solidariedade, a palabra, a fermosura, o elemental e puro dos homes, a vida. No treito que vai dende As moradías do vento ata Cantos caucanos, Avilés de Taramancos é un poeta que evoluciona: amplía o seu universo poético, intensifica o seu poderío expresivoverbal, asenta o versículo, afonda na súa intimidade e enraíza con paixón a súa vida nos seus versos. Habería que falar, nunha análise máis detida da que facemos aquí, do seu sistema simbólico, da ben coidada arquitectura dos seus poemas, do asomarse da tenrura e da emoción e, sobre todo, da prodixiosa retórica que dá pulo á marabilla da fantasía onírica. E, dende logo, hai que ter en conta os seus últimos e espléndidos libros: As torres no ar (1989), ?un dos mellores libros de poesía do século XX? en estimación de Xosé Mª Álvarez Cáccamo19, e ese testamento humano e poético que é Última fuxida a Harar (1992) de publicación póstuma. Entre os versos de ?A crónica ferida? deixou o poeta escrito algo que seguramente esclarece a súa poesía:
levo a palabra feita de ferro incandescente e rosas?
Só compre dicir que, co paso do tempo, as rosas do poeta murcharon en punxente nostalxia, saudade e desposesión. O ferro para gravar a terra no corazón e na palabra chegou despois, pero sempre houbo rosas, e algunhas rosas negras.
NOTAS
1 2 AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón (1982): O tempo no espello. Sada, Ed. do Castro. ROMANÍ, Ana (2002): ?Que non existe o olvido, meu señor amigo?, in Antón Avilés de Taramancos, A Nosa Terra, Col. A Nosa Cultura, 21, 8. A primeira aparece no núm. 2 de Tapal (decembro, 1950) e a oitava no núm. 9 da revista (agosto, 1955). En Sonata Gallega, núm. 13, Pontevedra, 1952. 4 Ventos, núm 7, Braga, outubro, 1955. ÁLVAREZ TORNEIRO, Manuel (2002): ?Memoria na Coruña dos anos 50? in Antón Avilés de Taramancos, A Nosa Terra, Col. A Nosa Cultura, núm. 21, p. 10. Aturuxo, núm. 9, Ferrol, 1958. Luzes de Galiza, núm. 21, Sada/A Coruña, febreiro de 1953, p. 20. (Nota de Álvarez Torneiro e ilustración de Emilia Salgueiro). 9 Lar, Bos Aires. Os poemas apareceron nos núm. 23637 (25VII1923) e 24850 (25VII1954). 10 AGRELO HERMO, Xosé: ?Os compromisos de Avilés?, in Antón Avilés de Taramancos, A Nosa Terra, Col. A Nosa Cultura, núm. 21, Rev. Cit. p. 14. 11 ?Limiar? de As moradías do vento, en O tempo no espello, Op. cit., p. 13. 12 Nota de encabezamento de Os poemas da ausencia, I; en O tempo no espello, Op. cit., p. 93. 7 8
3
4 5 6
19
Nº 364