BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
teza, destrucción, morte e saudade; en fin, a súa radical plenitude e mestría expresivas. Galardoado co Premio da Crítica española 1985, Cantos caucanos é o primeiro gran libro do poeta; cumio de plenitude e madurez, é unha axeitada síntese das claves da personalidade lírica de Avilés e un texto poético impar na poesía galega contemporánea. Sería máis que pretensioso establecer aquí, a través da lectura incompleta da súa obra poética, unha axustada síntese das claves do lirismo de Avilés de Taramancos. Limitarémonos, pois, a establecer algunhas observacións. A primeira delas pasa pola constatación da negativa resultante dos vinte anos (19611980) de ausencia do pasado en terras de Colombia, feito que supuxo un grave obstáculo para o normal desenvolvemento da súa tarefa creadora e motivou un claro desaxuste na situación do poeta no contexto da xeira da poesía galega da segunda metade do pasado século XX. A súa ausencia determina un serodio coñecemento ?en 1982, da man de García Bodaño? de boa parte da súa obra, que ofrece tamén serodiamente os seus mellores froitos nos anos oitenta e comezos dos noventa. A partir de As moradías do vento (1955) ?e logo en A frauta io garamelo (1959)? nace o poeta, coleccionista de ventos e arbres, de aves e paxaros, de fragatas e galeóns. Nace achegado á vangarda, ó hilozoísmo e ó visionarismo surrealista. Posúe unha máis que notable intuición para o verso e a súa linguaxe poética sorprende pola súa fermosura, pola súa aberta sensorialidade, pola súa limpa recreación do ámbito cósmicotelúrico cos seus fenómenos e criaturas. Cultiva a imaxe e o epíteto, índices do seu fecundo visionarismo. Revélase despois, cos Poemas a Fina Barrios. Pequeno canto (1959) como un sensible e delicado poeta amoroso, cunha nota de requintado formalismo e unha perceptible contención sentimental. Chega despois o artificio culturalista ?vangardista tamén, con pegadas cunqueirianas? dos Poemas soltos a Maricarme Pereira (1961). A estética do verso e a palabra amosan unha escolleita sensibilidade, un traballo de depuración, unha arquitectura espacial de brunida sensorialidade. O pudor afectivo determina unha despatentización do eu lírico que só se manifesta (e sempre nunha actitude de contemplación) na veta amorosa. Con Os poemas da ausencia o cosmos poético do escritor adquire máis forza, máis tensión expresiva e tonal. A terra convértese en fixación obsesiva para promover soidade e saudade, soño de retorno, evocación do perdido (ámbito familiar, xuventude, loita nacionalista, paisaxe, amigos ?Urbano Lugrís?, mar). A situación de desterro motiva unha expresividade máis rexa e violenta. O poeta asume o papel de novo Ulises e teima na urxencia do retorno. O peso dun ideario ?o nacionalista? vivido con paixón sen límites non deixa de advertirse. O poeta é voz da terra e do pobo e asume o papel de bardo e profeta: descende ós mitos, ás orixes e vaticina o futuro. Nesa altura de voceiro do home e do pobo galegos, do seu presente e destino, e de cantor da paisaxe telúrica americana, xorde o alenNº 364 18