Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Consegue o poeta aquí algúns poemas redondos, callados, plenos; eses poemas que definitivamente consagran un poeta. ?Chachaui? é un deles. Vertebrado pola recorrencia da figura chamada epímone ??Ter unha casa en Chachaui?? é un canto cósmicotelúrico que celebra a maxestuosidade da altura (cumes, aves, ceo, sol) e cega na súa rica sensorialidade. ?María? parafrasea a novela romántica do colombiano Jorge Isaacs e a súa fráxil e melancólica heroína é correlato obxectivo do eu lírico do poeta: amor e morte, plenitude e tristeza, sensorialidade e saudade cruzan estes fermosos versos a un tempo románticos e sensuais, eróticos e fúnebres. ?O piano? é froito da imaxinación visionaria do poeta, que non anda lonxe ?na fantástica viaxe do piano dende Europa ata unha facenda do campo colombiano? da realidade máxica de García Márquez. Como en ?Chachaui?, tamén aquí a recorrencia (o epímone) é a lei constructiva da composición, de lento e ben marcado ritmo, orixinal na contaminatio rítmicomusical que o obxecto (o piano) experimenta na súa viaxe. Recordemos aquí o puntual traballo de Luísa Villalta18 sobre a presencia da música e a danza na poesía de Avilés; música vencellada á natureza e reflectida no sistema léxico do poeta; canto cósmico, ritmos, danzas e instrumentos de referencialidade galega ou colombiana. Un feliz exemplo (ademais do xa citado ?El piano?) é o ?Canto de Noralba Timbacoi?, onde mullermúsicadanza son o mesmo, onde eros e tánatos van xuntos nun tríptico que é retrato máxico dunha muller, pero sobre todo unha celebración ritual, un cerimonial nocturno ateigado de paixón e vitalismo, no que se mesturan sexo, corpo, droga, baile, erotismo e alcohol nunha frenética espiral rematada na morte, na dolorosa evocación do amor e da mocidade perdidos. Non é difícil detectar ?no telurismo, na epicidade, no erótico? os acentos nerudianos. E tampouco a constatación de certas claves ou motivos recorrentes: a dor da patria ausente, o desamparo, a soidade, a evocación dos derrubados soños xuvenís, a beleza perdida. Evidentemente resalta o incrementado relevo do ton elexíaco, que calla na espléndida composición ?A crónica ferida?, síntese poéticoexistencial das feridas da dor de ?amar tan longamente o / ben perdido? de quen leva na súa voz ?a extensa xeografía dunha patria lonxana?. A ?Crónica de Bernaldo Fros? desenvolve, de novo, o motivo da viaxe e resulta ser tamén un dos poemas impregnados de certa narratividade. O protagonista, Ulises Fingal, lembra a Urbano Lugrís, que empregaba ese pseudónimo, pero sobre todo é un reencontro co benquerido e mítico navegante protagonista de A Odisea. Trátase aquí dunha viaxe marabillosa, chea de fantasía onírica, co contrapunto da nostálxica evocación do amor e da xuventude perdidas. Evidencian estes cantos a espléndida fantasía oníricovisionaria do poeta, o seu dominio da longa liña poética ?o versículo? que flúe con elegancia e harmonía, os americanismos léxicos, a forza das imaxes, a intensidade sensorial, o abraiante telurismo, o esplendor do erótico e corporal, a riqueza toponímica, os contrapuntos de tris17 Nº 364