16.11.06 / 16.02.07
acto central da conmemoración do centenario da Real Academia Galega foi, sen dúbida, a exposición Galicia, a forza da palabra, inaugurada o 17 de novembro de 2006 na sede da Fundación Caixa Galicia, entidade patrocinadora da mesma. Durante os tres meses que permaneceu aberta ao público a mostra, foron miles de persoas de toda condición as que puideron percibir o esforzo histórico do pobo por preservar a súa cultura e a súa lingua. A Real Academia Galega custodia, grazas á xenerosidade dos seus fundadores e de moi diversos mecenados, uns importantes fondos hemerográficos, bibliográficos, documentais e artísticos en xeral. Gran parte destes fondos proceden do mundo da emigración, especialmente de Cuba, de onde partiron tantas e tantas iniciativas dinamizadoras, entre as que está precisamente a Academia Galega. Na exposición estaban convocados todos os discursos históricos que contribuíron a modelar o país: o discurso historiográfico, o discurso político, o discurso artístico e o discurso literario, entrelazados pola vontade secular do pobo remataron por acadar un espazo simbólico ?bandeira, escudo e himno? que fixo da Coruña a capital da nosa cultura.
O
137
Nº 368