Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
1. Publicacións terminolóxicas con participación de Termigal. 2. Áreas de especialidade nas que se está a traballar en Termigal neste momento. 3. Áreas de especialidade de traballo terminolóxico que parecen prioritarias para o galego. 4. Recursos bibliográficos de carácter terminolóxico existentes en Termigal. 1.2. Realizouse un amplo número de traducións, correccións e revisións de obras técnicas, de divulgación, vocabularios de especialidade, localización de produtos informáticos, etc., como: Tradución dos números 16, 17 e 18 da publicación ?A voz do Porriño?. Tradución de documentos de índole diversa (contratos, documentación interna, etc.) vinculados á empresa AstraZeneca e á Academia de Farmacia. Revisión lingüística de diversos documentos do Colexio de notarios. Revisión lingüística e terminolóxica da versión galega do sistema operativo Windows Vista e do paquete ofimático Office 2007, que consistiu na elaboración dun glosario inicial de termos, creación dunha base de datos terminolóxica baseada nas referencias utilizadas na versión anterior e na revisión e corrección de aproximadamente 1.000 capturas de pantalla, 50.000 cadeas de texto e 290.000 palabras. A partir dos datos obtidos na revisión realizouse unha avaliación do produto atendendo á calidade lingüística, terminolóxica, ortográfica e á coherencia interna e externa do produto. Revisión e corrección dos vocabularios realizados e editados por TERMIGAL co obxectivo de poñelos en rede como base de datos terminolóxica. Esta tarefa consistiu na corrección ortográfica e adaptación aos cambios na normativa do Vocabulario multilingüe de acuicultura, Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Vocabulario de artes gráficas, Dicionario galego de televisión, Léxico panlatino do comercio electrónico, Léxico de transporte turístico, Léxico do medio, Vocabulario de telecomunicacións, O nome e o símbolo dos elementos químicos, e do glosario recollido en Formularios notariais. Analizouse a estrutura informática requirida, adaptouse cada formato orixinal ao dunha base de datos, unificáronse os campos e as abreviacións de linguas, fontes e categorías utilizadas, engadíronse as categorías gramaticais nos vocabularios que faltaban e redactouse a información de presentación. Revisión e corrección dos vocabularios realizados por terceiros co obxectivo de darlles visibilidade tamén a través de Internet como
279 Nº 369