BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
5. Informe sobre a situación sociolingüística do concello de Redondela Ante a petición realizada polo concello de Redondela sobre unha análise da súa situación sociolingüística, o Seminario de Sociolingüística da RAG realizou un informe centrado no datos do volume I do MSG 04 referidos ao tramo de 20.001 a 50.000 habitantes (Redondela foi un dos concellos nos que se realizaron enquisas dentro dese tramo). Tamén se lle adiantaron datos referidos aos usos lingüísticos. 6. Informe sobre a situación sociolingüística do contorno do CEIP A Rúa (Cangas) Respondeuse ao pedimento realizado polo ENL do CEIP A Rúa (Cangas), verbo dos datos sociolingüísticos dispoñibles sobre o seu contorno. Elaborouse un informe cos datos do MSG04 sobre o conxunto de Galicia. Este centrouse na situación do grupo de idade de 15 a 24 anos, e nas dimensións da lingua inicial e das competencias bilingües. 7. Informe para a Mesa de Normalización Lingüística. Este organismo fixo unha solicitude de datos máis detallados relacionados cos aparecidos no volume I do Mapa Sociolingüístico de Galicia: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia 2004. A demanda centrábase nos datos urbanos da lingua inicial no tramo de idade máis novo. 8. Informes para La Voz de Galicia/Axencia Efe Estes medios de comunicación interesáronse nos principais datos que se podían extraer do volume I do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. 9. Participación en libro colectivo Realizouse o estudo ?Language Use and Language Attitudes in Galicia? para o libro: D. Lasagabaster and A. Huguet, Multilingualism in European Bilingual Contexts. O estudo foi realizado por X. Loredo Gutiérrez, A. Fernández Salgado, I. Suárez Fernández e H. Casares Berg. ? Servizo de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega (TERMIGAL), creado en 1996. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: 1. Informes, traducións e revisión de traballos. 1.1. Elaborouse un informe solicitado pola Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega sobre: a) os materiais e textos existentes de linguaxes de especialidade; e b) as necesidades que existen neste campo. Informe que consta de catro partes:
Nº 369 278